Roxelio II de Sicilia

Modelo:BiografíaRoxelio II de Sicilia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Roger II de Hauteville Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1095 Editar o valor en Wikidata
Mileto, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de febreiro de 1154 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Palermo
Tomb of Roger II of Sicily (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Nápoles
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sicilia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Hauteville Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBeatriz de Rethel (1151 (Gregoriano)–)
Sibila de Borgonha (1149 (Gregoriano)–)
Elvira de León, raíña de Sicilia (1117 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosRoger III, Duke of Apulia
 () Elvira de León, raíña de Sicilia
Tancred, Prince of Bari
 () Elvira de León, raíña de Sicilia
Alfonso of Hauteville
 () Elvira de León, raíña de Sicilia
Guillerme I de Sicilia
 () Elvira de León, raíña de Sicilia
Adelicia di Sicilia
 () Elvira de León, raíña de Sicilia
Simon, Prince of Taranto
 ()
Costanza de Hauteville
 () Beatriz de Rethel Editar o valor en Wikidata
PaisRoxelio I de Sicilia Editar o valor en Wikidata  e Adelaida del Vasto Editar o valor en Wikidata
IrmánsFlandina of Hauteville
Judith of Hauteville
Maximilla di Altavilla
Muriella di Altavilla
Matilde de Hauteville
Felícia da Sicília
Constanza de Sicilia
Emma de Hauteville
Simón de Sicilia
Mauger, Count of Troina
Geoffrey of Ragusa
Jordan of Hauteville Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Roger II.
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Altavilla-5 Find a Grave: 7741112 Editar o valor en Wikidata

Roxerio II de Hauteville, nado o 22 de decembro de 1095 en Mileto (Calabria) e finado o 26 de febreiro de 1154 en Palermo, foi conde de Sicilia (1105-1130), duque de Puglia (1127-1130) e príncipe de Taranto (1128-1132), así como rei de Sicilia desde 1130 até a súa morte.

Fillo de Roxerio I, sucedeu ao seu irmán Simón sendo menor de idade. Comezou a gobernar en 1112, e no seu dilatado reinado converteu as posesións normandas do sur de Italia nun territorio unificado elevado á categoría de Reino, cun goberno persoal e centralizado.

Traxectoria

Roxerio era o segundo fillo de Roxerio I, conde de Sicilia, e Adelaida del Vasto. Sucedeu ao seu irmán máis vello Simón no condado de Sicilia en 1105, estando baixo a rexencia da súa nai até 1112. Desde ese ano até a morte do seu primo Guillerme II de Apulia en 1127, Roxerio tratou de aumentar o seu prestixio mediante o seu matrimonio cunha infanta castelá, filla de Afonso VI de León, e grazas á axuda do seu primo Roxerio Borsa, que lle cedeu a metade dos seus territorios de Mesina, Palermo e Calabria que recibira nas divisións das conquistas sicilianas moitos anos antes.

Á morte de Guillerme, fillo de Borsa, Roxerio recibiu o ducado de Puglia e uniu todas as posesións normandas en Italia, a excepción do principado de Capua, que estaba en mans da familia Drengot. Parece que inmediatamente tivo a idea de cinguir unha coroa real, recordando que os gobernantes da Sicilia da Antigüidade, como Agatocles, foran reis. Os tres anos seguintes á recepción do ducado ocupounos intentando recibir unha coroa do papa.

En 1130, Roxerio foi coroado rei de Sicilia polo antipapa Anacleto II, a cambio do seu apoio para ocupar a cadeira de san Pedro. Roxerio fíxose feudatario do papa, o que provocaría un problema político cando a dinastía Hohenstaufen tomou o poder no reino de Sicilia.

Roxerio II, no Liber ad honorem Augusti de Petrus de Ebulo, 1196.
O Reino de África (en liña descontinua vermella), que Roxerio II quería unir ao seu Reino de Sicilia.

Como rei, Roxerio dedicouse a fortalecer o seu poder na península. Os baróns de Puglia non quixeron someterse e a década de 1130 estivo repleta de conflitos entre diversos rebeldes e o poder central da coroa.

Bari rebelouse, liderada por Grimoaldo Alferanites. Capua levantose en armas para manter a independencia da familia Drengot. O ducado independente de Nápoles axudou os rebeldes até 1137, cando o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Lotario II e o papa Inocencio II viaxaron á zona e estableceron a Ranulfo de Alife como duque de Puglia, en oposición a Roxerio.

Á volta das forzas imperiais a Alemaña, Roxerio, agora aliado con Serxio VII de Nápoles, atacou a Ranulfo, sendo vencido (e Serxio morto) na batalla de Rignano. Por espazo de dous anos, Roxerio combateu a insurrección e o exército papal na península. En 1139, Ranulfo morreu e, sen outros opoñentes, Roxerio foi recoñecido como único duque.

Polo tratado de Mignano o papa Inocencio II recoñeceu a Roxerio como rex Siciliae ducatus Apuliae et principatus Capuae, chegando por fin a paz ao sur de Italia.

En 1140, Roxerio promulgou unha serie de leis, os Assises de Ariano, co obxecto de centralizar a autoridade en mans do rei e diminuír o poder dos señores feudais. Isto sentou a norma de lexislación en Sicilia durante os séculos seguintes.

Amante da cultura árabe, en data descoñecida invitou ao xeógrafo e cartógrafo almorábide Muhammad al-Idrisí, nacido en Ceuta, que, á súa demanda, en 1154, confeccionou un gran mapamundi orientado en sentido inverso ao utilizado actualmente (o norte abaixo e o sur arriba), coñecido como a Tabula Rogeriana, acompañado por un libro, denominado Xeografía. O rei siciliano deu a estas obras o nome conxunto de Nuzhat al-Mushtak, aínda que na obra de Al-Idrisí aparecen mencionadas como Kitab Ruyar ("Libro de Roxerio").

No resto do seu reinado, a atención de Roxerio centrouse fóra da illa e a penísula, buscando estender os seus dominios por África e Grecia. Creou unha gran frota no Mediterráneo central (cuxo almirante máis destacado foi Xurxo de Antioquía). En 1135 conquistou as costas de Tunisia e Trípoli, creando o Reino de África (un protectorado do seu Reino de Sicilia).

Mentres Roxerio permanecía no palacio da súa nova capital, Palermo, os seus xenerais e almirantes dirixiron os seus exércitos e mariñas ás costas africanas e ás illas gregas. Atenas foi saqueada e a propia Constantinopla ameazada.

Roxerio morreu en Palermo o 26 de febreiro en 1154, sendo sucedido polo seu cuarto fillo Guillerme.

Matrimonios e fillos

Tumba de Roxerio II na Catedral de Palermo.

Roxerio casou en primeiras nupcias en 1117 con Elvira, filla do finado rei de León, Afonso VI. Tiveron seis fillos.

  1. Roxerio (1118-1148), duque de Puglia e —posibelmente— conde de Lecce (desde 1135).
  2. Tancredo (1119-1138), príncipe de Bari (desde 1135).
  3. Afonso (1120/1-1144), príncipe de Capua e duque de Nápoles (desde 1135).
  4. Adelisa (c. 1126 - despois de 1184), condesa de Florencia. Casada en primeiras nupcias con Xoscelino, conde de Loreto, e en segundas con Roberto, conde de Loritello e de Conversano.
  5. Guillerme (1131-1166), duque de Puglia (desde 1148), e rei de Sicilia como Guillerme I (desde 1150).
  6. Henrique (1135-1145).

Casou en segundas nupcias en 1149 con Sibila de Borgoña, filla do duque Hugo II de Borgoña. Tiveron dous fillos:

  1. Henrique (1149).
  2. Un fillo nacido morto (1150).

Casou en terceiras nupcias en 1151 con Beatriz de Rethel, sobriña neta do rei de Xerusalén Balduíno II. Tiveron unha filla:

  1. Constanza (1154-1198). Casou co emperador Henrique VI do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Herdaría o trono siciliano tras a morte de Guillerme III en 1194.

Tamén tivo varios fillos fóra do matrimonio:

Na posteridade

O compositor polaco Karol Szymanowski, que fixo varias viaxes a Sicilia, dedicoulle unha ópera ao primeiro rei normando de Sicilia, titulada "Re Ruggero". Estreouse en Varsovia en 1926 e foi representaa en tres ocasións en Palermo, dúas veces no "Teatro Massimo Vittorio Emanuele" (1949 e 2005) e unha vez no "Teatro Politeama" (1992).


Predecesor:
Simón
Conde de Sicilia
1105 - 1130
Sucesor:
El mesmo
(convértese en rei de Sicilia)
Predecesor:
Guillerme II
Duque de Puglia
1127 - 1130
Sucesor:
Roxerio III
(1134)
Predecesor:
El mesmo
(como conde de Sicilia)

Rei de Sicilia

1130 - 1154
Sucesor:
Guillerme I
Predecesor:
Bohemundo II de Antioquía
Príncipe de Taranto
1128 - 1132
Sucesor:
Tancredo

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!