Rodolfo Martín Villa, nado en Santa María del Páramo, León o 3 de outubro de 1934, é un político español.
Estudou Enxeñería Industrial en Madrid e foi o xefe nacional do SEU. Procurador en Cortes, foi Gobernador Civil de Barcelona entre 1974 e 1975. Ministro de Relacións Sindicais (1975 - 1976), Ministro da Gobernación (1976 - 1977) e Ministro do Interior (1977 - 1979). Ministro de Administración Territorial con Calvo-Sotelo (1980 - 1982) co rango de Vicepresidente. Foi senador por designación real (1977 - 1978) e deputado da UCD por León. Foi secretario de organización da UCD (1982). En 1985 ingresou no PDP e foi presidente do partido en Castela e León. En 1989 entrou en Alianza Popular, elixido deputado nese ano e ao ano seguinte forma parte da executiva do partido. Presidente de Endesa (1997 - 2002). Foi comisionado do Goberno para o Prestige. Na actualidade (2009), e dende o 2004[1], é Presidente de Sogecable.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!