Este artigo trata sobre o director e guionista madrileño. Para o cómico galego véxase:
Róber Bodegas.
Roberto Bodegas, nado en Madrid o 3 de xuño de 1933 e finado o 2 de agosto de 2019,[1] foi un director e guionista de cine español.
Traxectoria
Cursou estudos de bacharelato, mariña mercante e filosofía e letras.
En 1958 dirixiu a sección cinema afeccionado no Cine Ateneo de Madrid e un ano máis tarde colaborou na Escola Oficial de Cinema.
En 1961 emigrou a París, onde traballou con directores como Serge Bourguignan, Jean Valérie, Christien Jacques, Gérard Oury, Fred Zimmerman, Dennys de la Patelliere e Jacques Deray.
Entre 1982 e 1990 colaborou con José Luis Garci e Pilar Miró.
Filmografía
Cine
Televisión
Notas