Richard Harris

Modelo:BiografíaRichard Harris

(1985) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard St John Harris Editar o valor en Wikidata
1 de outubro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Limerick, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
University College Hospital, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortelinfoma de Hodgkin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBahamas Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCondado de Limerick Editar o valor en Wikidata
EducaciónLondon Academy of Music and Dramatic Art
Crescent College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,85 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de teatro, cantautor, actor de cinema, músico, realizador, filósofo, xogador de rugby, director de cinema, guionista, cantante, produtor de cinema, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 2002 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Scranton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern e folk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDunhill Editar o valor en Wikidata
Deporterugby Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnn Turkel (1974–1982)
Elizabeth Rees-Williams (1957–1969), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosDamian Harris
 () Elizabeth Rees-Williams
Jared Harris
 () Elizabeth Rees-Williams
Jamie Harris
 () Elizabeth Rees-Williams Editar o valor en Wikidata
PaiIvan Harris Editar o valor en Wikidata
IrmánsDermot Harris Editar o valor en Wikidata
ParentesAnnabelle Wallis, sobriña neta Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001321 Allocine: 3853 Rottentomatoes: celebrity/richard_harris Allmovie: p93538 129974 TV.com: people/richard-harris IBDB: 44267
BNE: XX1297371 Spotify: 30Qh39o424P9qgdHNVouvo iTunes: 76312062 Musicbrainz: 9a976838-8e77-4065-bdbb-748d17ad773b Songkick: 81088 Discogs: 266407 WikiTree: Harris-21264 Deezer: 167513 Genius: Richard-harris Editar o valor en Wikidata

Richard St John Harris, nado o 1 de outubro de 1930 en Limerick (Irlanda) e finado o 25 de outubro de 2002 en Londres (Inglaterra),[1] foi un actor irlandés, cantante-compositor, produtor teatral, director de cine e escritor.

Como actor foi moi prolífico, e os seus papeis de maior sona foron como Rei Artur en Camelot (1967), Oliver Cromwell en Cromwell (1970) e como Albus Dumbledore en Harry Potter e a pedra filosofal (2001) e Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002), o seu derradeiro filme. Tamén encarnou un aristócrata británico e preso en A Man Called Horse (1970), o emperador Marco Aurelio en Gladiator (2000) e o pistoleiro inglés Bob na película de Clint Eastwood Sen perdón (1992).

Como cantante, Harris triunfou coa súa gravación de 1968 da canción de Jimmy Webb "MacArthur Park", que estivo no top ten en Gran Bretaña e os Estados Unidos. En 2020 The Irish Times publicou unha listaxe cos mellores actores de cinema irlandeses, na que Harris aparecía como o terceiro mellor.[2]

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Harris, o quinto de nove irmáns, naceu na cidade de Limerick,[3][4][5] Condado de Limerick (Munster, Irlanda), no seo dunha familia de clase media firmemente católica. Os seus pais eran John Ivan Harris e Mildred Josephine Harty Harris. Foi educado polos xesuítas no Crescent College.

Destacou polas súas virtudes no rugby chegando a xogar no Garryowen[6] e cando ía encamiñado cara a unha prometedora carreira deportiva como estrela de rugby, colleu a tuberculose e viuse obrigado a deixala práctica deportiva. Despois de recuperarse da enfermidade, Harris trasladouse a Londres co afán de se converter en director de teatro. Ó non atopar ningún curso relacionado coa súa afección, enrolouse na London Academy of Music and Dramatic Art (LAMDA) para estudar interpretación.

Sendo aínda un estudante, Harris alugou o Teatro Irving situado na West End de Londres para dirixir e producir a súa propia produción sobre a obra de Clifford Odets Winter Journey (The Country Girl). O espectáculo tivo un grande éxito pero ó rematar o financiamento tivo que abandonar o proxecto.

Despois de rematar os seus estudos na Academia, Harris uniuse á compañía de Joan Littlewood e comezou a participar en funcións das producións do West End, destacando en The Quare Fellow (1956).

Carreira cinematográfica

Debutou no cine en 1958 co filme Alive and Kicking e un ano máis tarde tivo a oportunidade de traballar co director británico Michael Anderson. A década dos 60 comezaría dun xeito excepcional coa súa achega en The Guns of Navarone e en Mutiny on the Bounty xunto con Trevor Howard e Marlon Brando.

A súa primeira aparición como protagonista sería en This Sporting Life, interpretando ó mineiro Frank Machin, papel polo que gañou a Palma de Ouro ó mellor actor no festival de Cannes e un nomeamento ós Premios Óscar.

A súa fama non parou de medrar e cada filme no que participaba tiña máis éxito que o anterior, pero sen dúbida o grande éxito mundial veu da man de A Man Called Horse.

Derradeiros anos

Nos derradeiros anos da vida de Richard Harris, o actor irlandés volveu á gran pantalla con pequenos pero intensos papeis nos oscarizados Sen perdón e Gladiator.

Pola contra, será relacionado por sempre co papel de Albus Dumbledore nas dúas primeiras entregas da saga de Harry Potter. Harris morre no 2002 por mor da enfermidade de Hodgkin á idade de 72 anos, poucos meses despois da estrea de Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Foi substituído polo tamén irlandés Michael Gambon.

Filmografía

Ano Título Papel Notas
1959 The Iron Harp Home irlandés cego Televisión
1959 Alive and Kicking
1959 Shake Hands with the Devil Terence O'Brien
1959 The Wreck of the Mary Deare Higgens
1960 Beleza terrible Sean Reilly
1961 The Guns of Navarone Líder do escuadrón Howard Barnsby RAAF
1961 The Long and the Short and the Tall Edward "Johnno" Johnstone
1962 Rebelión a bordo Seaman John Mills
1963 This Sporting Life Frank Machin
1964 O deserto vermello Corrado Zeller
1965 The Heroes of Telemark Knut Straud
1965 Maior Dundee Capitán Benjamin Tyreen
1966 A Biblia Caín
1966 Hawaii Rafer Hoxworth
1967 Caprice Christopher White
1967 Camelot King Arthur
1970 The Molly Maguires Detective James McParlan/McKenna
1970 A Man Called Horse John Morgan
1970 Cromwell Oliver Cromwell
1971 Bloomfield Eitan
1971 The Snow Goose Philip Rhayadar Televisión
1971 Man in the Wilderness Zachary Bass
1973 The Deadly Trackers Sheriff Sean Kilpatrick
1974 99 and 44/100% Dead Harry Crown
1974 Juggernaut Tte. Cmdr. Anthony Fallon
1976 Echoes of a Summer Eugene Striden
1976 Robin and Marian Rei Ricardo
1976 The Return of a Man Called Horse Lord John Morgan
1976 The Cassandra Crossing Doutor Jonathan Chamberlain
1977 Gulliver's Travels Gulliver
1977 Orca Capitán Nolan
1977 Golden Rendezvous John Carter
1978 The Wild Geese Capitán Rafer Janders
1979 Ravagers Falk
1979 A Game for Vultures David Swansey
1980 The Last Word Danny Travis
1981 Tarzan, o home mono James Parker
1981 Your Ticket Is No Longer Valid Jason
1982 Triumphs of a Man Called Horse John Morgan
1982 Camelot Rei Artur Televisión
1984 Martin's Day Martin Steckert
1984 Highpoint Lewis Kinney
1988 Maigret Jules Maigret Televisión
1988 Trappola diabolica
1989 King of the Wind Xurxo II de Gran Bretaña
1990 Mack the Knife Mr. Peachum
1990 The Field 'Bull' McCabe
1992 Xogo de patriotas Paddy O'Neil
1992 Sen perdón Policía inglés
1993 Wrestling Ernest Hemingway Frank
1994 Silent Tongue Prescott Roe
1994 Abraham Abraham Televisión
1995 Cry, the Beloved Country James Jarvis
1995 The Great Kandinsky Ernest Kandinsky Televisión
1996 Trojan Eddie John Power
1997 Savage Hearts Sir Roger Foxley
1997 Smilla's Sense of Snow Doutor Andreas Tork
1997 The Hunchback Dom Frollo Televisión
1997 This Is the Sea o vello Jacobs
1998 Upright Affair
1998 Sibirskiy tsiryulnik Douglas McCraken
1999 To Walk with Lions George Adamson
1999 Grizzly Falls o vello Harry
2000 Gladiator Marco Aurelio
2001 The Pearl Doutor Karl
2001 Wrestling Ernest Hemingway Frank
2001 My Kingdom Sandeman
2001 Harry Potter e a pedra filosofal Albus Dumbledore
2002 The Count of Monte Cristo Abbé Faria
2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos Albus Dumbledore
2002 Apocalypse Revelation John de Patmos Televisión
2002 The Apocalypse John
2002 Julius Caesar Lucius Sulla miniserie de televisión
2003 Kaena: La prophétie Opaz

Notas

  1. "Harris, Richard St John Francis (1930–2002), actor". 2004. ISBN 978-0-19-861412-8. doi:10.1093/ref:odnb/77336. 
  2. Clarke, Donald; Brady, Tara (13 de xuño de 2020). "The 50 greatest Irish film actors of all time – in order". The Irish Times. Consultado o 25 de xullo de 2020. 
  3. "Overdale, 8 Landsdown Villas, Ennis Road, LIMERICK MUNICIPAL BOROUGH, Limerick, LIMERICK". Buildings of Ireland. 
  4. "He was one of the most outstanding film stars of his time". Irish Independent. 27 de outubro de 2002. Consultado o 10 de decembro de 2007. 
  5. Severo, Richard (26 de outubro de 2002). "Richard Harris, Versatile And Volatile Star, 72, Dies". The New York Times. Consultado o 10 de decembro de 2007. 
  6. "Limerick rugby full of heroes". Wesclark.com. 24 de maio de 2002. Consultado o 8 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!