A Biblia (en inglés: The Bible: In the Beginning...) é un filme estadounidense de 1966 producido por Dino De Laurentiis e dirixido por John Huston. Conta os primeiros 22 capítulos do libro da Xénese, abranguendo as historias dende Adán e Eva até o sacrificio de Isaac.[4] Estreado por 20th Century Fox, a fotografía do filme é obra de Giuseppe Rotunno en Dimension 150 (cor de DeLuxe Color), unha variante do formato 70mm Todd-AO. Está protagonizado por Michael Parks como Adán, Ulla Bergryd como Eva, Richard Harris como Caín, John Huston como Noé, Stephen Boyd como Nimrod, George C. Scott como Abraham, Ava Gardner como Sara e Peter O'Toole como os tres anxos.
Estreouse en galego o 3 de decembro de 1988 a través da TVG.[5]
Personaxes
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Hall, S. and Neale, S. Epics, spectacles, and blockbusters: a Hollywood history (p. 179). Wayne State University Press, Detroit, Míchigan; 2010. ISBN 978-0-8143-3008-1. Consultado o 25 de marzo de 2011.
- ↑ Solomon, Aubrey. Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History (The Scarecrow Filmmakers Series). Lanham, Maryland: Scarecrow Press, 1989. ISBN 978-0-8108-4244-1. p254
- ↑ "The Bible: In the Beginning, Box Office Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 16 de abril de 2012.
- ↑ Shevis, James M. (15 de xullo de 1966). "John Huston Narrates Film, Directs, Portrays Noah". The Pittsburgh Press. Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 3 de decembro de 1988. Consultado o 19 de outubro de 2018.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas