Foi deseñada por Manuel Gallego Jorreto nuns terreos que foron cedidos polo Instituto Nacional de Meteoroloxía nunha faldra do barrio compostelán de Casas Novas. Canda o proxecto de residencia, habilitouse unha zona anexa como parque público. Foi estreada en 2002 por Manuel Fraga. Neste complexo viviron até o momento o propio Fraga, o socialista Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijóo e mais Alfonso Rueda. Conta con 25.000 m² (o total, coa zona verde do parque é de 70.000 m²[1]) e dúas áreas definidas: a da vivenda e mais unha zona dedicada á actividade institucional.