O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006.
O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006. A pregunta, redactada nas dúas linguas oficiais do país (catalán e castelán) era: «Aproba o proxecto de Estatuto de autonomía de Cataluña?».
A Xunta Electoral Central de España prohibiu, nunha decisión sen precedentes dende o restablecemento da Generalitat en 1977, o fomento da participación por parte desta e as outras administracións públicas.[1] Esta prohibición foi ratificada polo Tribunal Supremo de España.[2]
Creáronse varias plataformas para pedir o voto en diferentes sentidos:
O referendo estatutario tivo os seguintes resultados:[9][10]