As eleccións ao Parlamento de Cataluña celebráronse o 1 de novembro de 2006 para elixir os 135 deputados da VIII lexislatura que elixiron un novo presidente da Generalitat de Cataluña. Cada unha das catro provincias constitúe unha unha circunscrición electoral segundo un sistema electoral proporcional corrixido pola lei d'Hont.
Presentáronse 75 candidaturas de 21 forzas políticas a estas eleccións. A provincia de Barcelona elixe 85, a provincia de Tarragona 18, a provincia de Xirona 17 e a de Lleida 15. Un total de 5 320 395 electores teñen dereito ó voto.
O resultado das mesmas foi unha vitoria nas urnas de Convergència i Unió (CiU), aínda que sen unha maioría abonda para gobernar,[1] polo que ao igual que ocorreu nas pasadas eleccións, o goberno saíu dunha coalición do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e Iniciativa per Catalunya Verds-Esquerra Unida i Alternativa (ICV-EUiA), coñecida como o "Tripartito catalán", sendo elixido presidente o líder do PSC, José Montilla.[2]
Convocatoria
O presidente da Generalitat, Pasqual Maragall do PSC, que viña gobernando co apoio de ERC e ICV, cesou o 11 de maio de 2006 os conselleiros de ERC ó non apoiar estes o novo Estatut de Autonomía que se debía referendar en xuño e anunciou que convocaría anticipadamente os cidadáns de Cataluña a elección dun novo parlamento a fins de ano ó non poder garantir o apoio do Parlamento ó seu goberno. Formalmente convocáronse o 8 de setembro e Pasqual Maragall non se presenta á elección.
Candidaturas
Candidaturas presentes no Parlamento
Candidaturas sen presenza no Parlamento
- Carmel/Partido Azul, candidatura formada a partir dos sucesos do Carmel, preséntase só en Barcelona
- Catalunya Decideix, candidatura que se presenta só en Barcelona
- Ciudadanos en Blanco, candidatura que se presenta só en Xirona. Nas anteriores elección tivo o 0.01% dos votos.
- Ciutadans-Partido de la Ciudadanía. Partido antinacionalista catalán que xurdiu como iniciativa dun grupo de intelectuais opostos ó que consideran imposición nacionalista. O seu candidato é Albert Rivera.
- Els Verds. Els Verds-Alternativa Verda preséntase en Tarragona e Xirona e El Verds-Ecologistes i Verds de Catalunya, coalición de Els Verds-Grup Verd, Els Verds-Confederació Ecologista de Catalunya e independentes preséntase en Barcelona e Lleida. O seu candidato é Josep Lluis Freijo. Nas anteriores eleccións tivo o 0.62% dos votos en dúas candidaturas.
- Escons Insubmisos-Alternativa dels Demòcrates Descontents, partido antisistema que de conseguir escanos anuncia que non os ocupará. Nas anteriores eleccións tivo o 0.07% dos votos.
- Moviment Social Republicà, partido nacional revolucionario. Nas anteriores eleccións tivo o 0.02% dos votos.
- Partit Antitaurí contra el Maltractament Animal, partido animalista avoga pola prohibición das corridas de touros.
- Partit dels Comunistes del Poble de Catalunya, partido comunista ortodoxo ligado ó PCPE, en Tarragona preséntase como PCPC-Nosaltres Som. Nas anteriores eleccións tivo o 0.08% dos votos.
- Partit Familia i Vida, oposto ó aborto e ás políticas de control da natalidade.
- Partit Humanista. Nas anteriores eleccións tivo o 0.05% dos votos.
- Partit Obrer Socialista Internacionalista, partido troskista. Nas anteriores eleccións tivo o 0.13% dos votos
- Partit Republicà de Catalunya, constitúe a Izquierda Republicana en Cataluña. Nas anteriores eleccións tivo o 0.05% dos votos.
- Plataforma Adelante Cataluña, coalición de extrema dereita formada por Alternativa Española e Democracia Nacional
- Por un Mundo más Justo, pretende conseguir o 0.7% da riqueza do país para cooperación cos países pobres
- Partit Republicà Català, partido independentista
Resultados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web da Generalitat sobre as eleccións de 2006
|
---|
Institucións | | |
---|
Gobernos | |
---|
Departamentos | |
---|
Eleccións | |
---|
Referendos | |
---|
Eleccións e referendos en Cataluña |
---|
Eleccións | |
---|
Referendos | |
---|