A Candidatura d'Unitat Popular (coñecida tamén por as súas siglas, CUP; en galego Candidatura de Unidade Popular) é un partido político independentista catalán de esquerdas. Componse de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá.[1] Tradicionalmente, presentábanse só ás eleccións municipais, ata 2012, cando decidiron presentarse ás eleccións ao Parlamento Catalán.[2]
Defenden a conversión dos chamados Países Cataláns (Països Catalans) nunha república independente. As bases do seu programa son a defensa da lingua e a cultura catalás, o anticapitalismo (piden a nacionalización das entidades financeiras que reciben diñeiro público), a igualdade entre todos os habitantes dos Países Cataláns (incluíndose inmigrantes e xente nova de máis de 16 anos), e a democracia participativa (co consello como base da organización política).[3] Agrupa militantes procedentes de diversas entidades e plataformas de esquerda, como por exemplo Poble Lliure[4], Endevant e Arran.
A CUP defende tamén a saída dunha hipotética Cataluña independente tanto da Unión Europea como da OTAN.
Dende as eleccións locais do 2011, teñen 104 concelleiros municipais, 11 concelleiros comarcais e 4 alcaldes en Cataluña.[5][6]