Ramón Sobrino Buhigas

Modelo:BiografíaRamón Sobrino Buhigas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosRamón Sobrino Lorenzo-Ruza Editar o valor en Wikidata
PaiLuís Sobrino Rivas Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos Sobrino Buhigas Editar o valor en Wikidata
ParentesFernando Campo Sobrino, curmán entregue
Enrique Campo, curmán entregue
Carlos Sobrino Rivas, tío Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1421178 BUSC: sobrino-buhigas-ramon-1888-1946

Ramón Sobrino Buhigas, nado en Pontevedra en 1888 e finado en Valladolid o 6 de xuño de 1946, foi un naturalista e arqueólogo galego. Foi irmán do pintor Carlos Sobrino Buhigas e pai do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.

Traxectoria

Fillo do médico Luís Sobrino Rivas. Estudou Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, doutorándose en 1911. Entre ese ano e 1913 foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela e da Escola de Artes e Oficios. Foi catedrático de Historia Natural en Lleida, Palma e Pontevedra, onde dirixiu o instituto até 1921. Despois estudou Odontoloxía en Madrid. En 1931 regresou a Santiago de Compostela, onde exerceu como odontólogo e como profesor de instituto e da Universidade. Foi membro da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos e xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra. Representou a Real Sociedade Española de Historia Natural no VII Congreso Internacional de Pesca.

Morreu en 1946 no tren que o traía de volta de Valladolid a onde acudira a consultarse das súas doenzas hepáticas.

Obra

Ramón Sobrino, retrato en Vida Gallega 1923.
  • Estudio sobre los cistolitos (1911).
  • Contribución a la gea de Galicia (1916).
  • Balaenoptera borealis (1917).
  • La purga de mar o hematotalasia (1918).
  • Réplica a las observaciones del Sr. de Buen (1918).
  • Insculturas galaicas prerromanas (1919).
  • La dinamita en la pesca (1923).
  • Petroglifos o insculturas rupestres de Pontevedra (1931).
  • Corpus Petroglyphorum Gallaeciae (1935). Reeditado en 2020 por Morgante, Córpus dos petróglifos de Galicia, ISBN 978-84-15166-83-2.[1]
  • Sobre los orígenes y fundación de Pontevedra.
  • La descendencia de Colón en Pontevedra.

Notas

  1. Fortes Torres, Manuel Anxo (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Unha Galicia gravada na pedra". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 93–94. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!