Ramón Carballo Páez, nado en Seixo (Pacios, Pedrafita do Cebreiro) en agosto de 1959,[1] é un veterinario e político galego.
Estudou no seminario de Lugo e licenciouse en veterinaria pola Universidade de León en 1986.[2] Exerceu en diversos concellos da provincia de Lugo e mais no Bierzo. Foi inspector técnico veterinario e xefe territorial da Consellería do Medio Rural. Militante do Partido Popular de Galicia foi concelleiro en Pedrafita do Cebreiro (1987-1991) mais na Fonsagrada (1999-2003) e deputado no Parlamento de Galicia (2002-2005). Volveu de novo á corporación da Fonsagrada de 2007 a 2010. De 2012 a 2017 foi o Subdelegado do Goberno en Lugo e presidente do PP de Lugo dende maio de 2017.[3]