O Premio Félix Houphouët-Boigny da paz estableceuno en 1990 a UNESCO, para honrar aos individuos vivos e ás entidades e institucións activas, tanto públicas como privadas que fixeran unha significativa contribución a promover, buscar, salvagardar ou manter a paz conforme a Carta das Nacións Unidas e a constitución da UNESCO.
O premio leva o nome de Félix Houphouët-Boigny, antigo presidente de Costa do Marfil e concédese con carácter anual. O premio ten unha contía de 100,000 dólares, que debe repartirse equitativamente en caso de múltiples receptores.