Os baxkires[6] (en baxkir: Башҡорттар, Başqorttar, en ruso: Башкиры, Baškiry) son un grupo étnico turco que habita en Baxkortostán, a ámbolos dous lados dos Urais, na área entre Europa Oriental e o norte de Asia. Tamén existen comunidades baxkires na República de Tatarstán, Krai de Perm, Chelyabinsk, Orenburg, Tyumen, Sverdlovsk, Kurgan e outras rexións de Rusia, así como en Kazakhstán e noutros países.
A maioría dos baxkires falan o baxkir, estreitamente relacionada co tártaro e co kazako, que pertence á póla kipchak das linguas turcas. Os baxkires teñen moitas afinidades culturais con outros pobos turcos, e a súa relixión é maioritariamente o islam sunnita.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Rudenko, S. I. (2006). Башкиры: историко-этнографические очерки (en ruso). Ufa: Kitap. ISBN 5-295-03899-8.