Peter "Pete" Sampras, nado na cidade de Washington o 12 de agosto de 1971, é un ex xogador profesional de tenisestadounidense. Os seus duelos co seu compatriota Andre Agassi axudaron na súa época a levantar o interese do público polo tenis e sementaron unha das rivalidades máis apaixonantes da historia do tenis.
Traxectoria
Pete Sampras, é o terceiro fillo de Sam e Georgia Sampras. Xa desde tenra idade, mostrou extraordinarias calidades atléticas. Tras descubrir unha raqueta no soto, pasaba horas golpeando unha pelota contra un frontón. En 1978 os Sampras mudáronse a Palos Verdes (California), onde o clima máis benigno permitíalle xogar unha maior cantidade de horas ao mozo Pete.
A familia inscribiuse no "Peninsula Racquet Club", onde o talento de Pete fíxose evidente. Á idade de 11 anos, xa incorporara ao seu xogo o sólido servizo e as voleas que serían unha marca rexistrada ao longo de toda a súa carreira.
A carreira de Sampras no circuíto profesional empezou en 1988. A súa primeira vitoria nun torneo ocorreu en 1990 no campo sintético de Filadelfia, derrotando na final ao ecuatoriano Andrés Gómez, que ese mesmo ano conquistou Roland Garros. A súa primeiro vitoria nun torneos de Grand Slam foi no Aberto dos Estados Unidos de 1990, onde derrotou entre outros a Ivan Lendl, John McEnroe e na final a un mozo e prometedor Andre Agassi. Con 19 anos e 28 días, Sampras converteuse no xogador de menor idade en obter o título de cabaleiros no Aberto dos Estados Unidos. A rivalidade entre Agassi e Sampras prolongouse durante os 90.
1993 viuno alcanzar o Nº1 do mundo en abril dese ano, o que foi algo sorpresivo entón, xa que Sampras non lograra ningún título de Grand Slam recentemente. As dúbidas quedaron de lado cando ese mesmo ano conquistou o primeiro dos seus títulos en Wimbledon derrotando na final ao seu compatriota Jim Courier. Alí iniciaríase unha serie de 7 títulos de Wimbledon en 8 anos. Non conforme con iso conquista o US Open dese ano ante o francés Cedric Pioline e finaliza a tempada como o claro nº1 do mundo cun récord de máis de 1.000 aces nesa tempada.
Así como a herba de Wimbledon resaltou as virtudes deste xogador, o po de ladrillo foi un dos seus poucos puntos débiles, xa que nesta superficie o seu xogo de saque e volea podía ser máis facilmente neutralizado. Sampras nunca puido ir máis aló das semifinais no Aberto de Francia.
En 1995 conquista 5 títulos incluíndo o seu terceiro Wimbledon (derrota a Boris Becker) e o seu terceiro US Open derrotando a Andre Agassi e tomándose desquite da derrota sufrida ante el na final do Aberto de Australia dese ano. Ese ano converteríase no primeiro xogador en gañar máis de 5.000.000 de dólares en premios.
Foi recoñecido amplamente polo seu xogo completo e o seu espírito competitivo. É o posuidor do récord de títulos de Grand Slam, cun total de 14 (7 en Wimbledon, 5 Abertos dos Estados Unidos e 2 Abertos de Australia). Sampras é tamén o único xogador que logrou manterse durante 6 anos consecutivos ao tope do ránking mundial.
1996 viu cortar a secuencia de 25 vitorias consecutivas de Sampras en Wimbledon véndose sorprendido nos cuartos de final polo holandés Richard Krajicek. Porén ese ano conquistou 8 títulos incluíndo o seu cuarto título e segundo consecutivo no US Open (ante Michael Chang) e o seu terceiro título de mestres en Hannover.
En 1998 converteuse no primeiro xogador da historia en terminar o ano como Nº1 do mundo por 6 anos consecutivos (Jimmy Connors lográrao 5 veces seguidas). Logrou 4 títulos, todos en superficies diferentes, incluíndo o seu quinto Wimbledon nunha final de 5 sets ante Goran Ivanisevic.
1999 foi o ano do seu arquirrival da década, Andre Agassi, o que non impediu que Sampras se fixese co seu sexto título en Wimbledon, xustamente ante Agassi ademais doutros 4. Este ano marcou os primeiros problemas físicos importantes de Sampras que o obrigaron a descansar 2 meses, impedíndolle defender o seu título no US Open e caendo ao Nº3 do ránking. Obtivo o seu 5º torneo do ATP Tour World Championships ante Agassi quen o derrotou previamente na fase de Round Robin.
En 2000 obtivo a súa sétima coroa de Wimbledon ante Patrick Rafter, converténdose no líder histórico de conquistas de Grand Slam con 13 superando a anterior marca de 12 de Rod Laver terminando o seu noveno ano consecutivo dentro do top 3. Alcanzou a final do US Open caendo ante a nova promesa rusa Marat Safin o que repitiría o ano seguinte caendo ante o australiano Lleyton Hewitt.
En 2002 logo dunha tempada de lesións e malos resultados produciu unha sorprendente levantada no US Open alcanzando a final e vencendo nada menos que a Andre Agassi na final en 4 sets no que sería a última presentación de Sampras como profesional. Retirouse en grande conquistando o seu 14º título de Grand Slam e despois de ter demostrado ser un dos mellores tenistas da historia.
No 2005 a revista Tennis Magazine elixiuno como o mellor tenista de todos os tempos.
Sampras xogou o seu primeiro partido despois do retiro nunha exhibición ante Robby Ginepri en Houston no 2006, antes de celebrarse o torneo ATP desa cidade.
Familia e vida persoal
Sampras casou o 30 de setembro de 2000 coa actriz norteamericana Bridgette Wilson. Con ela ten dous fillos: Christian Charles e Ryan Nikolaos.
Pete sofre de talasemia, unha enfermidade hereditaria que lle causa anemia.
A súa actitude ante a prensa e o mundo é moi cauta, polo que recibiu críticas pola súa falta de carisma. Igualmente, a súa ética deportiva e de traballo é irreprochábel e os seus resultados falan por si mesmos.
Sábese de Sampras que é un entusiasta dos bos costumes e gústalle ter actitudes de gran cabaleiro. Antes de propoñer casamento á súa esposa chamou aos pais dela para pedirlles a súa man e a bendición.