Paula Kasares Corrales, nada en Pamplona, Navarra o 15 de abril de 1969, é unha filóloga navarra. Foi deputada no Parlamento de Navarra.
Traxectoria
Despois de estudar Filoloxía Vasca e Antropoloxía Social e Cultural, comezou a estudar Sociolingüística.[1] Técnica de éuscaro de Baztan, é profesora asociada na Universidade Pública de Navarra. Nas eleccións de 2007 quedou décima na lista de Nafarroa Bai, como independente.
Foi a primeira directora do Observatorio dos Dereitos Lingüísticos de 2001 a 2003. É membro de Euskaltzaindia desde 2006.
En 2017, e en 2019, formou parte da comisión académica do congreso Ikergazte no ámbito das ciencias humanas e da arte.
En 2020, foi nomeada xunto con Paskual Rekalde por Euskaltzaindia como membro de pleno dereito.[2]
En 2021 participou nos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega sobre a transmisión interxeracional da lingua galega poñendo en cuestión o concepto de transmisión lingüística.[3]
Notas