Patty Duke |
|
Nacemento | (en) Anna Maria Duke 14 de decembro de 1946 Queens, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 29 de marzo de 2016 (69 anos) Coeur d'Alene, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Causa da morte | sepse |
---|
Lugar de sepultura | North Acton Cemetery (en) |
---|
|
Prémios Screen Actors Guild 2016 (pt) |
---|
1985 – 1988 ← Ed Asner – Barry Gordon → |
19ª President of SAG (en) |
---|
1985 – 1988 ← Ed Asner – Barry Gordon → |
|
|
Altura | 152 cm |
---|
Cor dos ollos | Marrón claro |
---|
Cor do pelo | Cabelos castaños claros |
---|
|
Ocupación | actriz de televisión, actriz de teatro, sindicalista, health activist (en) , política, actriz de cinema, cantante, actriz |
---|
Período de actividade | 1950 - 2015 |
---|
Xénero artístico | Música pop e pop rock |
---|
Patrimonio estimado | 10.000.000 $ |
---|
Instrumento | Voz |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | John Astin (1972–1985), divorcio Harry Falk (1965–1969), divorcio |
---|
Fillos | Sean Astin () Mackenzie Astin () John Astin |
---|
|
- (2003, 2004) TV Land Award (en) , premiado polo traballo The Patty Duke Show (en)
- (2002) Temecula Valley International Film Festival (en)
- (1984) Bronze Wrangler (en) , premiado polo traballo September Gun (en)
- (1980) Primetime Emmy á mellor actriz - Miniserie ou telefilme, premiado polo traballo The Miracle Worker (en)
- (1980) Primetime Emmy ao mellor actor - Miniserie ou telefilme, premiado polo traballo The Miracle Worker (en)
- (1977) Primetime Emmy á mellor actriz - Miniserie ou telefilme, premiado polo traballo Captains and the Kings (en)
- (1970) Primetime Emmy á mellor actriz - Miniserie ou telefilme, premiado polo traballo My Sweet Charlie (en)
- (1969) Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical, premiado polo traballo Me, Natalie (pt)
- (1963) Óscar á mellor actriz secundaria, premiado polo traballo O milagre de Anna Sullivan
- (1962) Globo de Ouro de melhor atriz revelação do ano (pt) , premiado polo traballo O milagre de Anna Sullivan
- (1960) Theatre World Award
- estrela no Paseo da Fama de Hollywood
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Anna Marie "Patty" Duke, nada en Nova York o 14 de decembro de 1946 e finada nos Ánxeles o 29 de marzo de 2016[1] foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
Duke naceu en Queens, filla máis nova de Frances McMahon e John Brock Duke. A súa infancia cos seus irmáns Raymond e Carol foi dura. O seu pai era alcohólico e a súa nai sufriu depresión clínica. Cando Duke tiña seis anos a súa nai botou o seu pai da casa e con seis deixouna ao coidado de John e Ethel Ross, que se converterían nos seus representantes, promovéndoa como actriz infantil.
Os métodos dos Ross eran en ocasións explotadores e sen escrúpulos; dicían que Duke era dous anos máis novas do que realmente era e inchaban o seu currículo con créditos falsos.[2] Foi Ethel Ross quen ordenou o cambio de nome: "Anna Marie morreu; agora es Patty". Esperaban que "Patty Duke" duplicaría o éxito da actriz Patty McCormack.[3] Esta acción tería dolorosas repercusións no futuro.[3]
Un dos primeiros traballos interpretativos de Duke foi na telenovela The Brighter Day, a finais da década de 1950. Tamén apareceu en anuncios. Aos doce anos gañou 32 000 dólares no programa The $64,000 Question.
O primeiro papel protagonista foi o de Helen Keller, con Anne Bancroft como Annie Sullivan na obra de Broadway The Miracle Worker, que durou dous anos. A obra foi adaptada no filme O milagre de Anna Sullivan, polo que Duke recibiu o Oscar á mellor actriz secundaria. Nese momento foi a persoa máis nova en gañar un Oscar nunha categoría competitiva.
En 1963 recibiu a súa propia serie, The Patty Duke Show, creado especialmente para ela por Sidney Sheldon. Sheldon pediu a Duke pasar unha semana coa súa familia para conseguir ideas. Nese momento non se sabía que Duke tiña desorde bipolar, mais Sheldon notou que a súa personalidade tiña distintas facetas, desenvolvendo o concepto das primas idénticas con personalidades opostas. A serie durou tres temporadas e foi revisitada en 1999 en The Patty Duke Show: Still Rockin' In Brooklyn Heights. Durante esta década tamén tivo unha carreira de éxito como cantante.
A pesar do éxito na súa carreira, Duke pasou os anos de adolescencia triste. Os Ross esforzábanse en mostrala como unha rapaza normal, mais ela indicou no seu libro de memorias Call Me Anna que era unha prisioneira deles e tiña pouco control sobre as súas ganancias. Os Ross controlábana a ela e a súa nai déixandolle só unha pequena cantidade de diñeiro para sobrevivir. Tamén comezaron a dar a Duke alcohol e drogras legais cando tiña trece anos; isto, xunto co seu trastorno bipolar sen diagnosticar contribuíu aos seus problemas de abuso de substancias. De adulta tamén acusou os Ross de abuso sexual. Cando cumpriu dezaoito anos quedou libre deles, descubrindo que gastaran a maior parte das súas ganancias, violando a Coogan Act.
En 1967 Duke intentou comezar a súa carreira como actriz adulta interpretando a Neely O'Hara en Valley of the Dolls. O filme foi un éxito, pero o público e a crítica tiveron dificultades para aceptar a adolescente Duke como cantante alcohólica e drogadicta. O filme case arruinou a súa carreira.
Volveu á televisión en 1970 e traballou especialmente no medio desde mediados da década de 1970 ata principios dos 2000. En 1990 interpretouse a ela mesma na versión televisia da súa autobiografía Call Me Anna.
Na década seguinte reduciu o seu traballo. En 2002 volveu ao teatro en Nova York e en 2007 apareceu en The Oprah Winfrey Show para falar do trastorno bipolar.
En maio de 2011 dirixiu unha versión teatral de The Miracle Worker en Interplayers Theater en Spokane, Washington.[4]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas