Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Partido Galego Social Demócrata

Partido Galego Social Demócrata
Tipopartido político Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticanacionalismo galego Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1974 Editar o valor en Wikidata
Disolución1977 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Partido Galego Social Demócrata (PGSD) foi un partido nacionalista galego.

Historia

Fundouse co nome de Unión Social-Demócrata Galega en marzo de 1974, dirixido por Xosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz. Era partidario da autodeterminación co fin de integrarse posteriormente nun Estado Federal. A súa ideoloxía defendía un socialismo democrático, humanista, personalista e comunitario [1]

Tan só tivo algunha implantación nas cidades. Formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976), abandonándoo xunto coa UPG en 1977 por discrepancias sobre o diálogo coas forzas estatais. Con todo, o PGSD abandonou logo da elección de Zulueta de Haz[2] en marzo de 1977 como principal dirixente os postulados máis esquerdistas, aceptando a autonomía. Formaban tamén parte da dirección Avelino Pousa Antelo, Xosé Manteiga Pedrares, Quico Domínguez e Ramón Barral. Achegouse ao Partido Popular Galego, de ideoloxía demócrata-cristiá, co que participou nas eleccións xerais de 1977. Os malos resultados 23 014 votos (2,04 %) propiciaron a formación dun novo partido, formado polo PGSD e o PPG, co nome de Partido Galeguista e a desaparición do PGSD.

Notas

  1. Beramendi, J.; Núñez Seixas, X. M. (1995). O Nacionalismo Galego. Vigo: A Nosa Terra. p. 241. 
  2. Fernández Baz, M. A. (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984). Santiago de Compostela: Laiovento. p. 64. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya