Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega, fundada en 2006.
Traxectoria
Verdegaia fundouse logo dunha escisión en ADEGA, a asociación ecoloxista na que en 2005 militaban a maior parte dos membros fundadores de Verdegaia. Ten como obxectivos contribuír á defensa da natureza e propiciar un desenvolvemento sustentábel caracterizado polo ecoloxismo, a xustiza social e a paz. Os medios para acadar estes obxectivos son a investigación, a sensibilización social, o deseño e realización de proxectos, a presión a gobernos e a empresas e a mobilización. A asociación publica desde o 2006 a revista dixital Cos pés na Terra.
En 2018 creou as Brigadas Deseucaliptizadoras, un programa de voluntariado para restituír as especies autóctonas de alto valor ecosistémico onde están ameazadas polo eucalipto e por outras especies invasoras pirófitas.[1]
Orixe do nome
O nome da asociación é un xogo de palabras entre verdegaia,[2] unha tonalidade de verde claro mestura entre o verde e o branco, cores respectivamente asociadas aos movementos ecoloxistas e pacifistas, e Gaia, nome da Nai Terra na mitoloxía grega.
Ideario
O ideario de Verdegaia é:
Núcleos comarcais
A asociación conta con núcleos nas seguintes comarcas:
Notas
- ↑ "As brigadas". Verdegaia. Consultado o 21/04/2018.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para verdegaia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Partidos políticos | |
---|
Sindicatos | |
---|
Organizacións armadas | |
---|
Asociacións xuvenís e de estudantes | |
---|
Movementos sociais | |
---|