Papelle é un lugar da parroquia da Cova, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 12 habitantes, 6 mulleres e 6 homes.
As entidades de poboación (Nomenclátor) Cima de Vila, Fondo de Vila, A Vila, O Mallo, San Cristovo, A Carballeira son todas elas casas arredor de Papelle.
Toponimia
O topónimo deriva do antropónimo Pappius, quizais xenitivo de Papilius.[1]. No ano 964 xa aparece nun documento: in Sauto Papelli, circa flumen Minii.
Papelle na cultura popular
Voulle dar a despedida
a Santa María de Velle,
que podemos ir contentos
co bon viño de Papelle. !
[2]
Notas
Lugares e parroquias
Lugares da Cova
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén
Outros artigos