A Oficina Internacional de Pesos e Medidas (BIPM, polas súas siglas en francés, Bureau International des Poids et Mesures) é unha organización intergobernamental,[1][2] coordinadora mundial da metroloxía. A súa sede está localizada en Saint-Cloud, nos arredores de París.
Historia
A BIPM creouse o 20 de maio de 1875, trala sinatura da convención do metro, tratado entre 59 estados membros.[3]
Ten a súa sede no Pavillon de Breteuil en Saint-Cloud, Francia, lugar de 4,35 hectáreas (orixinalmente 2,52 ha)[4] cedido polo goberno francés en 1876. Dende 1969 o Pavillon de Breteuil está considerado territorio internacional e a BIPM ten todos os dereitos e privilexios concedidos a unha organización intergobernamental.[5] O status foi aclarado posteriormente polo decreto francés número 70-820 do 9 de setembro de 1970.[4]
Funcións
A BIPM ten a orde de achegar as bases para un sistema de medidas único e coherente en todo o mundo, identificable co Sistema Internacional de Unidades. Esta misión toma formas diferentes, dende a divulgación directa das unidades á coordinación mediante comparacións dos estándares de medida nacional, como no caso da electricidade.
Actividades científicas e técnicas levadas a cabo nun dos seus catros departamentos: química, radiación, metroloxía e tempo.
Traballos de comunicación e coordinación.
Programas de transmisión do coñecemento.
Fontes que proporcionan bases de datos e publicacións para metroloxía internacional.
A BIPM ten un papel importancia no mantemento da hora en todo o mundo. Combina, analiza e calcula os estándares do tempo atómico oficial dos países membros arredor do mundo para crear un tempo universal coordinado (UTC) único e oficial.[7]