O Museo Finlandés dos Xogos (en finés Suomen pelimuseo) é un museo situado na cidade de Tampere (Finlandia), e integrado dentro do Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). Abriu as súas portas en xaneiro de 2017.[1] O museo xurdiu da colaboración entre a Cidade de Tampere, o Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación, Pelikonepeijoonit e a Universidade de Tampere.[2] É o primeiro museo permanente finlandés relacionado cos xogos.
O principal foco do museo son os xogos dixitais, pero tamén se amosan xogos de mesa e xogos de rol.[1] Pelikonepeijoonit, un grupo de entusiastas coleccionistas de máquinas de xogo dende a década de 1990 entregou a súa colección ao museo.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Inmobles e lugares senlleiros | |
---|
Prazas e rúas | |
---|
Museos | |
---|
Estadios | |
---|
Artes escénicas | |
---|
Parques e xardíns | |
---|
Pontes | |
---|
Lugares de ocio | |
---|