O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública[1] de España é o departamento da Administración Xeral do Estado con competencias en transformación dixital e función pública, polo que lle competen a preparación e execución da política do Goberno en materia de política territorial e de relacións e cooperación coas Comunidades Autónomas e coas entidades que integran a Administración Local.
Desde 2023, o seu titular é José Luís Escrivá, que anteriormente exerceu como ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.[2]
Historia
Creouse en novembro de 2023. É un dos novos departamentos do terceiro Goberno de Pedro Sánchez.
Estrutura
Estrutúrase nos seguintes órganos superiores e directivos:
- A Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
- A Secretaría Xeral de Administración Dixital, con rango de Subsecretaría.
- A Dirección Xeral de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
- A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
- A Secretaría Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual, con rango de Subsecretaría.
Adscricións
Véxase tamén
Outros artigos
Notas