Fillo do catedrático de instituto e hispanista Miguel Herrero García,[1] estudou Dereito en Madrid, onde, segundo di nas súas Memorias de estío, pasou por "más estudioso que estudiante". Logo de licenciarse en 1961, doutorouse en 1965 cunha tese sobre o Dereito Constitucional xurdido trala descolonización. Completou a súa formación en Oxford, en París e en Lovaina, onde se licenciou en Filosofía en 1968. Letrado do Consello de Estado desde 1966, comezou a colaborar en prensa -Diario Ya, Diario Madrid, Informaciones-, difundindo as súas ideas sobre o que debería ser a transición á morte de Francisco Franco.[2]
En 1975 casou con Cristina Jáuregui Segurola, filla de Ramón Jáuregui Epalza e M.ª Luisa Segurola Guereca.
Actividade política
Rodríguez de Miñón foi Secretario General Técnico do Ministerio de Xustiza, colaborando de maneira moi activa na primeira amnistía (1976), na Lei para a Reforma Política e na primeira normativa electoral da democracia. Participou na elaboración da Constitución de 1978 e ocupou o cargo de portavoz no Congreso dos deputados, tanto do partido do Goberno (UCD) como da oposición (AP). Foi deputado de UCD entre 1977 e 1981. Algúns autores sinálano como un dos artífices da «operación de acoso e derribo» contra Adolfo Suárez, que remataría coa súa coroación como xefe do grupo parlamentario da UCD.[3] Herrero de Miñón tamén tería mantido contactos con líderes políticos da oposición co obxectivo de sacar a Suárez do poder.[4][n. 2]
Abandonou UCD en febreiro de 1982, ingresando en xullo dese ano en Alianza Popular.[6][7] Foi elixido deputado de AP e do PP nos comicios de 1982, 1986 e 1989.
A súa dilatada carreira profesional inclúe os postos de conselleiro do Banco Exterior de España, vicepresidente da Comisión Xurídica, da Asemblea Consultiva do Consello de Europa (1979-1982) e vicepresidente da Comisión Política da Asemblea do Atlántico Norte, órgano do que formou parte de 1983 a 1993. Ademais, foi membro da Comisión Trilateral.
Estudoso do dereito constitucional e as relacións internacionais, publicado numerosos traballos, colaborou asiduamente en prensa e radio, e exerceu tamén como avogado e consultor.
Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Buenos Aires (2017).
Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Córdoba (2017).
Membro correspondente da Academia Nacional de Ciencias Morales y Políticas de la República Argentina.
Ideoloxía
Autopresentado como «españolista de la España Grande»,[13] foi encadrado como representante dunha corrente minoritaria do nacionalismo de tipo neoforalista no espazo conservador español.[14]
Obras
El principio monárquico (1971)
Idea de los derechos históricos (1991)
Memorias de estío (1993)
La reforma del Senado (1996)
El aguijón. Un relato de ficción (1997)
Derechos históricos y Constitución (1998)
20 años después. La constitución cara al siglo XXI (1998)
El valor de la Constitución (2003)
Cádiz a contra pelo: 1812-1978 : dos constituciones en entredicho (2013)[15]
La trayectoria política de Miguel Herrero de Miñón se caracterizó más por su eficacia destructora que por su capacidad creadora; nunca consiguió que alguien se fiara de él por mucho tiempo.[5]
↑, Isidro (2012). ALMUD, ed. Educación, Ciencia y Cultura en España: Augue y colapso (1907-1940). Pensionados de la JAE(en español). Cidade Real: Ediciones de Castilla-La Mancha. p. 257. ISBN9788493977580.
↑"Nombramientos. La Universidad Pontificia de Comillas nombra doctores honoris causa a los artífices de la Constitución española". ABC (Madrid). 20 de noviembre de 2018. p. 60.
Martín Aguado, José Antonio; Vilamor, José R. (2012). Historia del Ya. Sinfonía con Final trágico. Madrid: CEU Ediciones. ISBN978-84-15382-50-8.
Morán, Gregorio (2009). Adolfo Suárez: Ambición y destino. Random House Mondadori.
Núñez Seixas, Xosé Manoel (2005). En: Sebastian Balfour (Ed.). "From National-Catholic nostalgia to constitutional patriotism: conservative Spanish nationalism since the early 1990s". The Politics of Contemporary Spain (Londres y Nueva York: Routledge): 121–155. ISBN0-415-35677-6.