Micaela Portilla

Modelo:BiografíaMicaela Portilla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1922 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de outubro de 2005 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santa Isabel Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga, historiadora Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1024169

Micaela Josefa Portilla Vitoria, nada en Vitoria o 30 de xullo de 1922 e finada ibídem o 8 de outubro de 2005, foi unha antropóloga, historiadora e pedagoga vasca, considerada das máis importantes do século XX. Foi autora de gran cantidade de estudos e publicacións, salientando o seu carácter pedagóxico, que compaxinou co de investigadora e divulgadora.[1][2][3]

Traxectoria

Micaela Portilla realizou os seus primeiros estudos no colexio del Niño Jesús de Vitoria e en 1933 pasou ao instituto de ensino secundario da mesma cidade.

Estudou Maxisterio en 1941 e despois a carreira de Filosofía e Letras. Ampliou os seus estudos na Universidade Complutense, na especialidade de Xeografía e Historia. Na súa memoria de licenciatura, en 1954, presentou unha obra titulada Torres de Mendozas, Guevaras y Ayalas en Álava, pondo un punto de partida aos seus labores investigadores posteriores, preludio da súa tese doutoral e unha das súas obras fundamentais: Torres y casas fuertes en Álava (1977).[1]

Foi profesora de ensino primario en varias localidades da provincia de Áraba: na escola de Untzilla (Aramaio) en 1945, despois en Zalla (Biscaia), en Salvatierra e en Vitoria, en cuxo instituto Ramiro de Maeztu foi axudante de Odón Apraiz. Apraiz chamábaa cariñosamente Zabalate,o nome vasco da vila de Portilla. Durante varios anos empregou o pseudónimo Leocadia Zabalate para asinar colaboracións xornalísticas sobre arte e historia.[1] Como catedrática de Escolas Universitarias do Profesorado (1956) estivo na Escuela Normal (Escola de Maxisterio) de Cádiz, de Vitoria e, finalmente, de Madrid, onde se xubilou en 1987 logo de 43 anos de servizos.[4]

Traxectoria profesional

Micaela Portilla foi directora da Escuela Normal de Vitoria entre os anos 1958-1964. Posteriormente ocupou o cargo de asesora da Inspección Xeral de Escolas Normais, dende 1967 até 1971. Pertenceu á Real Sociedade Bascongada de Amigos do País (1971), Eusko Ikaskuntza, Comisión Conservadora do Patrimonio Artístico de Áraba, Xunta Asesora de Museos da Deputación Foral, Xunta Asesora do Patrimonio Monumental de Euskadi e do Consello Xeral da Cultura Vasca.Tamén foi académica correspondente por Áraba das Reais Academias de Belas Artes (1982) e da Historia (1988).[1][2]

En 1992 a Facultade de Filoloxía, Xeografía e Historia da Universidade do País Vasco propuxo o seu nomeamento como doutora honoris causa. Foi apadriñada polo catedrático de Historia Medieval da UPV César González Mínguez e o Consello de Goberno da Universidade do País Vasco aprobouno cos motivos seguintesː[5]

Pola súa dimensión de historiadora xenial, comprometida coa realidade da súa contorna e comprometida con todas as súas forzas, dende que publicou o seu primeiro traballo, alá polo ano 1958, para recuperar a memoria histórica de Áraba, sobre todo a través do seu patrimonio artístico. Sen dúbida é a historiador de Áraba máis importante deste século.
César González Mínguez (Padriño) e catedrático de Historia Medieval da UPV.

En 1993, Micaela Portilla converteuse na primeira muller nomeada doutora honoris causa pola UPV.[6]

En recoñecemento ás súas achegas etnográficas, en febreiro de 2007 a Sociedade de Estudos Vascos (Eusko Ikaskuntza) e a Real Sociedade Bascongada de Amigos do País organizaron un congreso en homenaxe a Micaela Portilla,[7] coa participación da Fundación Sancho o Sabio, a Deputación Foral de Áraba e o concello de Vitoria. No mesmo acto houbo exposicións sobre a autora e varias xornadas de conferencias.[8]

A súa traxectoria supuxo o impulso para a creación dunha escola de seguidores na provincia de Áraba.[9]

En 2017 inaugurouse o Centro de Investigación Micaela Portilla da UPV/EHU.[10]

Obra

Grande apaixonada da historia e da arte, a bibliografía de Portilla é inmensa. É autora de libros de texto escolares; conferenciante, colaboradora de prensa e participante en coloquios e congresos, tanto de carácter divulgativo como científico. O seu legado é de milleiras de páxinas e un cento longo de publicacións, algunhas das cales son as seguintes[2]

  • Torres de Mendozas, Guevaras y Ayalas en Álava (1954)
  • El retablo de San Blas de Hueto Abajo (Álava) (1958)[11]
  • Álava (guía turística), Vitoria (1968)[12]
  • Torres y casas fuertes de Álava (1978)[13]
  • Quejana, solar de los Ayalas, Vitoria (1983)[14]
  • Las torres de Mendoza y Martioda, Vitoria (1985)[15]
  • Vitoria gótica, Vitoria (1986)[16]
  • Barría. Ayer y hoy de un monasterio, Vitoria (1987)[17]
  • Una ruta europea. Por Álava a Compostela. Del paso de San Adrián al Ebro (1991)[18]
  • Catálogo Monumental de la Diócesis de Vitoria (9 volumes) (1967-2007).[19]
  • Por Álava, a Compostela: una ruta europea: del paso de San Adrián al Ebro (1991).[20]

A Casa de Cultura Ignacio Aldecoa da Deputación Foral de Áraba garda o seu fondo e tamén obxectos persoais.[21]

Placa conmemorativa en Fontecha.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Henrike Knorr (12 de outubro de 2005). "In memoriam: Micaela Portilla, gran mujer y gran historiadora" (en castelán). El País. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Alberto Martínez Artol. "Micaela Josefa Portilla Vitoria" (en castelán). Euskomedia. ISSN 2444-5487. 
  3. Martínez Orduna, Carlos (27 de decembro de 2022). "Micaela Portilla ya tiene su documental". Noticias de Álava. 
  4. "Portilla Vitoria, Micaela Josefa - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en éuscaro). Consultado o 2020-10-06. 
  5. "Micaela Portilla - idazkaritza-nagusia - Secretaría General - UPV/EHU". idazkaritza-nagusia (en castelán). Consultado o 2020-10-07. 
  6. "Centro de Investigacíon Micaela Portilla. Breve semblanza y biografía.". 
  7. Eusko Ikaskuntza (21 de febreiro de 2007). "Homenaje a Micaela Portilla Vitoria. Jornadas In Memoriam". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2009. 
  8. B. Corral (2007). "Fotografías, libros y objetos personales acercan la figura de Micaela Portilla". El Correo. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  9. "Escuela Micaela Portilla" (en castelán). 
  10. "El nombre - micaelaportillaikergunea - Centro de Investigación Micaela Portilla - UPV/EHU". micaelaportillaikergunea (en castelán). Consultado o 2020-10-07. 
  11. Portilla Vitoria, Micaela (1958). "El retablo de San Blas de Hueto Abajo". Boletín de la Institución Sancho el Sabio II, 1 p. 26-30. 
  12. Portilla Vitoria, Micaela (1968). Álava (en castelán). Everest. 
  13. Portilla Vitoria, Micaela (1978). "Torres y casas fuertes en Álava, Volumen 2". Obra Cultural de la Caja de Ahorros Municipal, 1288 p. 
  14. Portilla Vitoria, Micaela (1983). Quejana, Solar de los Ayala. Vitoria-Gasteiz: Deputación Foral de Áraba, Servizo de Publicacións. ISBN 84-500-8527-6. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  15. Portilla Vitoria, Micaela. Quejana, solar de los Äyala. ISBN 84-500-8527-6. 
  16. Portilla Vitoria, Micaela (1985). Vitoria gótica. Ayuntamiento, Negociado de Cultura. 
  17. Portilla Vitoria, Micaela (1987). Quejana, solar de los Ayala. Deputación Foral de Áraba. Servizo de Publicacións. ISBN 84-500-8527-6. 
  18. Portilla Vitoria, Micaela (1991). Por Álava, a Compostela : una ruta europea : del paso de San Adrián al Ebro. Deputación Foral de Áraba, Servizo de Publicacións. ISBN 84-7821-066-0. 
  19. "Catálogo monumental Diócesis de Vitoria". 
  20. Portilla Vitoria, Micaela (2011-09-21). Por Álava, a Compostela : una ruta europea : del paso de San Adrián al Ebro / Micaela J. Portilla. [Vitoria-Gasteiz] : Deputación Foral de Áraba, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-7821-066-4. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 2023-10-17. 
  21. "Micaela Portilla, un legado de sabiduría que difícilmente podrá ser sustituido". Gara. 8 de outubro de 2006. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!