Mes courants électriques (en galego: As miñas correntes eléctricas) é o segundo álbum da cantante francesa Alizée. Lanzouse o 18 de marzo 2003. Como no seu anterior álbum Gourmandises, as letras das cancións de Mes courants électriques foron escritas por Mylène Farmer, a música para as cancións compúxoa Laurent Boutonnat e foi producido por ambos. Este álbum ten versións en inglés de catro das súas cancións. Comercializouse en distintas rexións con diferente contido. A versión francesa non contén ningunha versión en inglés, as cales foron incluídas na versión internacional; a versión xaponesa cambia o nome de "J'en ai marre" e pasa a chamarse "Mon bain de mousse"; en Hong Kong e outras partes de Asia lanzouse en disco dobre e un disco interactivo cos vídeos "Moi… Lolita" e "I'm fed up" (versión en inglés de "J'en ai marre"). O álbum vendeu en Francia 259.000 exemplares, foi certificado como dobre disco de ouro, pero é unha cifra baixa se se compara con Gourmandises, que vendeu 800.000 copias só en Francia.
O primeiro sinxelo, "J'en ai marre", saíu á venda o 25 de febreiro de 2003, chegou ao cuarto lugar nas listas francesas e vendeu máis de 200.000 copias; foi certificado como disco de ouro. Os seguintes sinxelos, "J'ai pas vingt ans" e "A contre-courant", non tiveron tanta sorte ao posicionarse no décimo sétimo e no vixésimo segundo lugar, respectivamente.
A letra de Mylène Farmer e a música de Laurent Boutonnat.