Marcelino Martínez Morás, nado na Coruña o 28 de novembro de 1895 e finado en Vigo o 9 de novembro de 1963,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Profesor mercantil, foi caixeiro da casa Jáudenes Bárcena. Foi director da Escola Profesional de Comercio de Vigo (1954-1961). Foi cónsul honorario de Bolivia en Vigo, encargado do consulado de Cuba na mesma cidade e tesoureiro, secretario e decano do corpo consular de Vigo. Colaborou na prensa (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Industria Conservera, La Noche, La Voz de Galicia, Boletín da Real Academia Galega, segunda época de Vida Gallega… ) usando ás veces os pseudónimos de Emetrés ou Noezas. É autor de Síntesis económica de Galicia (1958). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Casou na Coruña con Juana Soria Rey en 1921. Moitos anos despois, en 1991, o seu fillo Andrés Martínez-Morás Soria foi socio fundador do Instituto de Estudios Vigueses e foi o seu primeiro director.