María del Pilar Carré Sánchez, nada na Coruña en 1921 e finada na mesma cidade no ano 2000, foi unha escritora galega en lingua castelá, tamén coñecida co pseudónimo de Joanna M. Ribes.[1]
Filla primoxénita de Gonzalo Carré Alvarellos e neta de Uxío Carré Aldao, foi irmá da tamén novelista romántica May Carré. Estudou o bacharelato e Maxisterio na súa cidade natal. Escribiu máis de 190 novelas rosas, publicadas entre 1945 e 1985.[2] Moitas das súas obras foron traducidas ao portugués e ao italiano.[3]
Pilar non casou e deixou de escribir para coidar dos pais.