Leandro Carré Brandariz, nado en Porto o 15 de febreiro de 1913 e finado o 21 de maio de 1937, foi un escritor, xornalista e militante libertario galego.
Fillo de Leandro Carré Alvarellos, foi profesor na Escola de traballo da Coruña. Era partidario da actuación política da CNT e defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. En 1934 abandonou a CNT e ingresou no Partido Sindicalista. Un ano despois afiliouse ao Partido Galeguista. Colaborador de Solidaridad Obrera, Trabajo e A Nosa Terra, asinaba as súas colaboracións co pseudónimo Fausto Brand (abreviatura do seu segundo apelido Brandariz).
Foi mobilizado polo exército franquista en outubro de 1936 e destinado a Asturias, onde morreu en estrañas circunstancias. O seu pai procurou o cadáver sen éxito, sendo detido ao volver á Coruña en agosto de 1937.