Manuel Sánchez Hermida, nado en Ferrol en 1888[1] e finado na mesma cidade en abril de 1940,[2] foi un dramaturgo galego.
Foi ebanista e estudou Debuxo e Xeometría na Escola de Artes e Oficios de Ferrol con Euxenio Charlón. Despois traballou na Sociedad Española de Construcción Naval. Formouse con Charlón na Escola Dramática Galega fundada por Eduardo Sánchez Miño en 1908. Compuxo con el sainetes satíricos e pezas teatrais, normalmente escritos para ser interpretados por eles mesmos. Varias das súas obras son coñecidas como “parrafeos”. Utilizaron un galego coloquial e festivo, pero non exento de cultismos. Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do Real Coro Toxos e Froles.
Foron dous artistas de Ferrol que disfrutaron un tempo de grande popularidade. Socios entusiastas do laureado coro local Toxos e Froles, compuxeron pasos e sainetes que podían sempre ser interpretados por dous actores soamente. Eles mesmos daban a coñecer así as súas pezas.[3]
Como obras máis destacadas figuran: Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate e O que non sabe mañas (O Menciñeiro)[a], estreadas entre os anos 1915 e 1925.
Permanecen inéditas Calquera entende este enredo, Nocturno periodístico, Polo pan baila o can e !Ai se mandáramos nós.
Casou con Dolores Díaz e foi pai de Manuel, Luis, Salvador, Miguel Ángel e Joaquín Sánchez Díaz.