Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi mestre na Escola de Canteiros de Poio. De oficio canteiro, nas súas obras traballa mormente o granito galego. Os seus traballos reflicten unha conciencia antropolóxica, que aparece definida na pedra. Á súa vez mostran un paganismo lírico e telúrico propio das vellas culturas, que posteriormente se trasladou ó románico e barroco galego.