Xesús M. Méndez Padín nado en Vilalonga (Sanxenxo) o 13 de decembro de 1965, é un escultor e pintor galego[1].
En 1979 tivo o seu primeiro contacto co mundo da pedra aínda que nestes primeiros anos, e de forma simultánea, estaba máis centrado na pintura da man de Roxelio Lorenzo. Pero foi o escultor cambadés Manolo Paz quen lle ensinou o oficio de canteiro e o iniciou no mundo da escultura. Desde 1988 compaxina a súa produción artística coa súa actividade como profesor de cantería e modelaxe en diversos centros de formación. Foi docente na Escola de Canteiros de Poio entre 1995 e 2006.
Nas súas obras utiliza diversos materiais como o granito, mármore, calcaria, madeira ou mesmo chumbo. O seu estilo, tanto na súa escultura como na súa pintura ou debuxos, pódese definir como clasicista. As súas obras están inspiradas en personaxes históricos ou mitolóxicos, e sempre semellan estar durmidas.