Louis Michel van Loo
Louis Michel van Loo, Louis Michel van Loo pintando o retrato de seu pai Jean-Baptiste van Loo , 1762, Palacio de Versalles.
Louis Michel van Loo, Louis XV, rei de Francia e de Navarra , 1760, Palacio de Versalles .
Louis Michel van Loo, Retrato de Denis Diderot , 1767, Museo do Louvre.
Louis Michel van Loo , nado en Toulon o 2 de marzo de 1707 e finado en París o 20 de marzo de 1771 , foi un pintor francés.
Traxectoria
Membro da estirpe dos Van Loo , estabelecida en Francia desde o século XVII, Louis Michel van Loo educouse so a dirección de seu pai, o pintor Jean-Baptiste van Loo , en Turín e en Roma . Recibiu o premio da Academia Real de Pintura e de Escultura en 1725 . Pasou unha estancia en Roma entre 1727 e 1732 con seu tío, o pintor Charles André van Loo (1705 -1765 ).
En 1736 , converteuse no pintor oficial da corte do rei Filipe V de España en Madrid . Figurou entre os membros fundadores da Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid en 1752 .
Regresou a Francia en 1753 e pintou varios retratos do rei Lois XV . En 1765 , sucedeu o seu tío Charles-André como director da “École royale des élèves protégés” (Escola real de alumnos protexidos).
Era irmán dos tamén pintores François van Loo e Charles Amédée Philippe van Loo .
Principais obras
Filipe V, rei de España, e a súa familia , 1745, Madrid, Museo do Prado .
Filipe V, rei de España, e a súa familia , 1745, Museo nacional do Palacio de Versalles (esbozo).
Filipe V, rei de España , 1745, Versalles, Museo nacional do Palacio de Versalles (réplica; outra réplica no Museo de Parma).
Isabel Farnesio, raíña de España , 1745, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Marie Thérèse Antoinette Raphaelle d'Espagne, delfina de Francia , Museo nacional do Palacio de Versalles
Pierre Carlet de Chamblain de Marivaux , 1753, París, Comédie-Française.
Carle van Loo e a súa familia , 1757, París, École des arts décoratifs.
Louis XV, rei de Francia e de Navarra , 1760, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Louis Michel van Loo e súa irmá ao lado do retrato do seu pai , 1762, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Louis Michel van Loo pintando o retrato de seu pai Jean-Baptiste van Loo , 1762, 1762, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Étienne-François, duque de Choiseul-Stainville , 1763, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Retrato de Carle van Loo , 1764, Museo nacional do Palacio de Versalles.
O marqués de Pombal mostrando a reconstrución de Lisboa , 1766, Museo da Cidade de Lisboa .
Retrato de Denis Diderot , 1767, París, Museo do Louvre .
Germain Soufflot , 1767, París, Museo do Louvre.
Laure de Fitz-James, princesa de Chimay , 1767, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Louis Phélypeaux, conde de Saint-Florentin, duque de La Vrillière , 1769, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Retrato de Jean Rodolphe Perronet , París, Museo do Louvre .
O concerto español , 1768, San Petersburgo , Museo do Ermitage .
Retrato do marqués de Marigny e a súa muller , 1769, París, Museo do Louvre .
Louis-Auguste, duque de Berry , 1769, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Philippe de France, conde de Artois , 1770, Museo nacional do Palacio de Versalles.
Luís XVIII (entón conde da Provenza), 1770, Museo de Épinal. Réplica de 1771 no Museo Nacional do Palacio de Versalles.
Retrato do cabaleiro Jacques de Heusy , 1771, Fundación Rei Balduíno.