Jean Louis Barthou, nado en Oloron-Sainte-Marie en 1862 e finado en Marsella en 1934, foi un político francés, primeiro ministro entre o 22 de marzo e o 9 de decembro de 1913.
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia humilde, estudou dereito na Universidade de Bordeos, aínda que rematou a carreira en París en 1886 e exerceu como avogado en Pau, redactor en xefe de l'indépendant des Basses-Pyrénées únese aos Republicanos Moderados e en 1889 sae elixido deputado polos Baixos Pireneos, e alí permanecerá ata que en 1922 deixe a Cámara dos Deputados polo Senado.
Ministro de traballo en 1894, ministro do interior en 1896, outra vez ministro de traballo en 1906, Barthou converteuse nunha das figuras máis relevantes da Terceira República Francesa.
O 22 de marzo de 1913 baixo a presidencia de Raymond Poincaré convértese en presidente do consello, durante o seu mandato fai aprobar a lei que aumenta a tres anos o servizo militar. Despois dun período afastado do primeiro plano da política, en 1917 faise cargo do Ministerio de Asuntos Exteriores e posteriormente será ministro de guerra e xustiza. En 1934 entra como ministro de asuntos exteriores no goberno de unidade nacional dirixido por Gaston Doumergue, Barthou esfórzase por illar ao goberno de Adolf Hitler, establecendo alianzas cos países da Europa central, pero o 9 de outubro de 1934 foi asasinado en Marsella co rei Alexandre de Iugoslavia.
Véxase tamén