Lista de reis dos hititas

A datación e a secuenciación dos reis hititas é unha compilación de rexistros fragmentarios, complementada pola recente achega en Hattusa dun xogo de máis de 3500 impresións en selos que teñen inscritos nomes e títulos e xenealoxías dos reis hititas.[1] As datas indicadas aquí son aproximadas, e dependen do sincronismo cando son coñecidas as cronoloxías dos países veciños e máis de Exipto.

Hai poucas noticias sobre os gobernantes da época do Imperio medio. A secuencia aquí presentada baséase en gran parte na realizada por Bryce na súa obra en 1998.[2]

McMahon (1989) relaciona a Hattusilis II e Tudhaliyas o Mozo en orde inversa. Bryce, entre outros, non distingue un Imperio medio. No seu lugar, remata o Reino antigo con Muwatallis I e comeza o Imperio Novo con Tudhaliyas II. Tampouco se adoita incluír a Tudhalias "o Mozo" nas listaxes de reis hititas, pois foi asasinado despois da morte de seu pai, Tudhaliyas III.

Hatti

Monarcas Reinado Liñaxe e sucesos relevantes
Pamba ca. o inicio do século XXII a.C. Rei de Hatti
Pithanas ca. século XVII a.C. Rei de Kussara, conquistador de Neša
Piyusti ca. século XVII a.C. Rei de Hatti, derrotado por Anittas
Anittas ca. século XVII a.C. Rei de Kussara, destrutor de Hattusa
(Tudhaliyas I) Bisavó de Hattusilis I
(Pusarrumas) Fillo de Tudhaliyas I

Reino antigo

Monarcas Reinado Liñaxe e sucesos relevantes
Labarnas I ca. 1600-1586 a.C. Fundador tradicional
Hattusilis I
tamén coñecido como Labarnas II
ca. 1586-1556 a.C. O sobriño / neto de Labarnas I (?) (quizais o primeiro gobernante que volveu a ocupar Hattusa)
Mursilis I ca. 1556-1526 a.C. Neto de Hattusilis I (saqueou Babilonia, ca. 1531 a.C.)
Hantilis I ca. 1526-1496 a.C. Cuñado de Mursilis I (asasinou a Mursilis I)
Zidantas I ca. 1496-1486 a.C. Cuñado de Hantilis I (asasinou o fillo-herdeiro de Hantilis I)
Ammunas ca. 1486-1466 a.C. Fillo de Zidantas I (asasinou a seu pai)
Huzziyas I ca. 1466-1461 a.C. Fillo de Ammunas?
Telibinus ca. 1460 a.C. Cuñado de Huzziyas I (usurpou o trono de Huzziyas I)

Reino medio

Monarcas Reinado Liñaxe e sucesos relevantes
Alluwamnas ca. mediados do

século XV a.C.

Cuñado de Telibinus
Hantilis II ca. 1500-1450 a.C. Fillo de Alluwamnas
Tahurwailis Usurpador (gobernou nalgún momento entre "Telepinu" e Zidantas II, pero a data é incerta).
Zidantas II Fillo de Hantilis II
Huzziyas II Fillo de Zidantas II
Muwatallis I ca. 1400 a.C. Usurpador (asasinou a Huzziyas II)

Reino novo (Imperio)

Tudhaliyas IV, rei dos hititas. Relevo atopado en Yazilikaya (Turquía)
Monarcas Reinado Liñaxe e sucesos relevantes
Tudhaliyas II ou Tukhantis ca. comezos do século XIV a.C. A súa liñaxe é incerta. Puido ser un neto de Zidanta II. Converteuse en rei tralo asasinato de Muwatallis I .
Arnuwandas I Xenro de Tudhaliyas II
Hattusilis II (?) A súa existencia, a liñaxe e a época do seu reinado son discutidos.
Tudhaliyas III ca. 1360? – 1344 a.C. Fillo de Arnuwandas (ou Hattusilis II?).
Tudhaliyas "o mozo" Fillo de Tudhaliyas III (asasinado despois da morte de seu pais; puido non gobernar en absoluto).
Suppiluliumas I ca. 1344–1322 a C. Fillo de Tudhaliyas III ou de Hattusilis II (?). Expandeu o imperio; mencionado nas cartas de Amama.
Arnuwandas II ca. 1322–1321 a.C. Fillo de Suppiluliumas I
Mursilis II ca. 1321–1295 a.C. Fillo de Suppiluliumas I
Muwatallis II ca. 1295–1272 a.C. Fillo de Mursilis II (Batalla de Qadesh, ca. 1274 a.C.)
Mursilis III (tamén coñecido como Urhi-Teššub) ca. 1272–1267 a.C. Fillo de Muwatallis II
Hattusilis III ca. 1267–1237 a.C. Fillo de Mursilis II (Tratado de Qades con Exipto, ca. 1258 a.C.)
Tudhaliyas IV ca. 1237–1209 a.C. Fillo de Hattusilis III (Batalla de Nihriya).
Kurunta ca. 1228–1227 a.C. Fillo de Muwatallis II (o seu reinado é incerto; puido gobernar durante un breve período de tempo en medio do reinado de Tudhliyas IV).
Arnuwandas III ca. 1209–1207 a.C. Fillo de Tudhaliyas IV
Suppiluliumas II ca. 1207–1178 a. C. Fillo de Tudhaliyas IV (caída de Hattusa, ca. 1178 a.C.)

Os Grandes reis despois de 1200 a.C.

Despois do colapso do Imperio Hitita, este permaneceu en mans de gobernantes locais que levaron o título de "Gran Rei".

Nome Reinado Comentarios
Mašḫuitta Gran rei en Mira
Hartapu Gran rei, no sur de Anatolia, posiblemente en Tarhuntasa. Data incerta.[3]
Kuzi-Teššub Gran rei en Karkemish

Notas

  1. Bryce, Trevor (2005). The Kingdom of the Hittites (en inglés). (Edición revisada en 2005). Oxford University Press. XV. ISBN 978-0-19-927-908-1. 
  2. Bryce, Trevor (1998). The Kingdom of the Hittites (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-924010-4. 
  3. Sürenhage, Dietrich (2008). "Hartapus - Ein Sohn Mursilis II.?". Studi Micenei ed Egeo Anatolici L: 729–738. 

Bibliografía

  • McMahon, G. (1989), Hittite History. Biblical Archaeologist 52, páxs. 62 - 77.
  • Robert S. Hardy (1941).The Old Hittite Kingdom: A Political History. The American Journal of Semitic Languages and Literature, vol. 58, nº 2, páxs.177–216.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!