Tudhaliyas foi probabelmente rei de Kushara, de Hattusa e de Kanish. Probábel sucesor en Kanish de Zuzzu, despois da destrución da cidade por Salatiwara, seguramente era vasalo de Kushara ou adquirira a hexemonía (ver dinastía de Kushara). Sería o mesmo Tudhaliyas mencionado como rab saqe de Zuzzu e, neste caso, impoñeríase a Salatiwara e Kushara. Foi o pai de Pusarrumas (Pu-Šarrumaš).