Zidantas II foi un reihitita que sucedeu a Hantilis II , sen que resulte moi clara a relación familiar entre estes dous reis. O seu reinado forma parte do chamado período escuro hitita (ou Reino Medio).
Traxectoria
Pouco se sabe sobre o seu goberno, agás que é probábel que houbese unha guerra entre o reino hitita e Kizzuwatna, segundo se pode deducir do tratado de paz que asinaron posteriormente ambos estados, e do que se conservaron fragmentos que demostran a relativa debilidade dos hititas durante o período escuro.
Zidantas II foi sucedido por Huzziyas II, cuxa relación con Zidantas é descoñecida.