Lionor Orraca Sánchez de Castela, III condesa de Alburquerque,[1] chamada la Rica Hembra,[2] e tamén coñecida como Lionor de Alburquerque, nada en Castela en 1374 e finada en Medina del Campo en 1435), foi raíña consorte de Aragón, polo seu matrimonio con Fernando I de Aragón.
Ao morir o enfermizo Xoán I o 9 de outubro de 1390, o Consello de Rexencia de Castela abordou a asunto do presunto herdeiro do rei, entre Henrique III de Castela o Doente, nado en outubro de 1379, de once anos, e o seu irmán o infanteFernando, que tiña entón dez anos. Acordouse que o irmán máis novo, o infante Fernando, non puidera contraer matrimonio antes do que o seu irmán, o reì Henrique, alcanzara os catorce anos de idade. Daquela, se lle concederían as prerrogativas políticas e sociais da maioría de idade.
Para superar as diverxencias derivadas do asasinato do rei Pedro I en marzo de 1369 polo seu irmán Henrique, os representantes do clero, a nobreza, o estado dos fidalgos e dos comerciantes, así como os representantes de varias cidades castelás acordaron que Henrique casara coa neta do asasinado Pedro, nacida en Inglaterra de nai castelá e filla do rei Pedro. E en canto o irmán máis vello, Henrique III, cumprira tales requisitos, casaría o seu irmán máis novo, o infante Fernando, cunha esposa boa, honorábel e rica.
O Palacio Real de Medina del Campo, onde naceron o seu esposo Fernando e os seus fillos, foi transformado no Convento de Santa María a Rea . Alí, Leonor Urraca foi testemuña dos enfrontamentos dos seus fillos contra o partido realista encabezado por Álvaro de Luna. Leonor perdeu algunhas das súas posesións en beneficio deste último.
Leonor Urraca faleceu en Medina del Campo o ano 1435. Foi sepultada no Convento de Santa María a Real.
Matrimonio e descendencia
En 1394 Leonor, duns vinte anos de idade, casou co seu primo-sobriño Fernando, que daquela tería uns catorce anos. Tiveron sete fillos.