A lingua saami de Lule (Julevsámegiella) é unha lingua urálica falada aproximadamente por 1.000-2.000 persoas en Noruega e Suecia, estandarizada dende 1983. Trátase dunha lingua saami falada principalmente na zonas da ribeira do río Lule, en Suecia, e no norte do condado noruegués de Nordland, sobre todo no concello de Tysfjord, onde o saami de Lule é lingua oficial. Por número de falantes é a segunda lingua saami despois do saami setentrional, mais nos últimos anos rexistrouse un importante descenso de falantes nativos, sobre todo nas xeracións máis novas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas