A lingua ingria[2] (ižoran keel) é unha lingua urálica case extinta falada polos ingrios de Ingria. Ten arredor de 120 falantes, a maioría dos cales de avanzada idade. Non debe ser confundida cos dialectos meridionais da lingua finesa que se converteron na lingua maioritaria de Ingria no século XVII, por mor do influxo de emigrantes fineses luteranos. A inmigración de fineses luteranos foi promovida polas autoridades suecas (que conquistaron a área a Rusia en 1617), xa que a poboación local era (e segue a ser) ortodoxa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Paul Ariste 1981. Keelekontaktid. Tallinn: Valgus. [pt. 2.6. Kolme läänemere keele hääbumine lk. 76 – 82] (en estoniano)