A lingua saami de Akkala é unha lingua saami extinta que se falaba nas vilas saami de Ákkel e Čúkksuâl, na península de Kola, en Rusia. Foi consideraba erroneamente como un dialecto do saami de Kildin, mais recentemente foi recoñecida como unha lingua saami de seu, moi relacionada coa veciña lingua saami de Skolt.
O 29 de decembro de 2003 morreu Marja Sergina, a derradeira falante nativa de saami de Akkala.[1][2] Porén, hai cando menos dúas persoas, ámbalas dúas maiores de 70 anos, que teñen algún coñecemento da lingua.[3]
Aínda que existen descricións fonolóxicas e morfolóxicas da lingua, así como textos publicados e tamén gravacións de son,[3] o saami de Akkala é a menos documentada das linguas saamis.
Notas
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2014.
- ↑ Rantala, Leif, Aleftina Sergina 2009. Áhkkila sápmelaččat. Oanehis muitalus sámejoavkku birra, man maŋimuš sámegielalaš olmmoš jámii 29.12.2003. Roavvenjárga.
- ↑ 3,0 3,1 Scheller, Elisabeth 2011. The Sami Language Situation in Russia. In: "Ethnic and Linguistic Context of Identity: Finno-Ugric Minorities." Uralica Helsingiensia 5. Helsinki. 79-96.