O languedociano[1] ou lengadociano[1] é un dialecto occitano falado especialmente no Languedoc. Polas súas características centrais, adoita ser proposto como base para o occitano estándar.[2]
Clasificación
O languedociano é unha variante meridional do occitano, semellante ao provenzal.[1] Tamén ten algunhas semellanzas co gascón, aínda que non comparte moitas das diversas idiosincrasias que o separan do resto do occitano, e coa lingua catalá, que, a pesar da súa autonomía lingüística, é de orixe occitana, con especial proximidade co languedociano.[3] O languedociano mesmo ten unha variedade interna, que presenta o encontro de varias categorías dialectais occitanas.[4]
Uso
As estatísticas oficiais francesas apuntan a unha cifra entre 500 e 700 mil falantes de languedociano, aínda que a cifra é difícil de determinar pola falta de información censual e os límites pouco claros entre os distintos dialectos.[5] A UNESCO estima que o número de falantes é de 500.000 persoas, e clasifica a lingua como en grave perigo.[6]
Notas