Laetitia Colombani, nada en Bordeos en 1976, é unha directora, actriz, guionista e escritora francesa.
Traxectoria
Laetitia Colombani naceu en 1976, filla dunha bibliotecaria e dun enxeñeiro. Tras dous anos de estudos na Cinésup de Nantes, ingresou na École nationale supérieure Louis-Lumière, da que se graduou en 1998.
Escribiu e dirixiu varias curtametraxes, así como dúas longametraxes: À la folie... pas du tout (2002), con Audrey Tautou, Samuel Le Bihan e Isabelle Carré, que recibiu o premio Sopadin Junior ao mellor guión; e Mes stars et moi (2008), con Kad Merad e Catherine Deneuve. Tamén actuou e coescribiu a comedia musical Résiste (2015). Tamén traballou en televisión e cinema, en películas como Cloclo (2012) de Florent Emilio Siri ou Fête de familie (2019), de Cédric Kahn.
A súa primeira novela, A trenza (2017),[1] foi traducida ao galego en 2021.[2] A obra conta a historia de tres mulleres con destinos moi diferentes, que viven na India, Italia e mais o Canadá.[3] Tivo moito éxito no mercado francés, onde vendeu preto de dous millóns de exemplares.[4] Gañou máis de vinte premios literarios tanto en Francia como no estranxeiro, entre os que destaca o 40.º premio Relay des Voyageurs Lecteurs.[5] O libro foi adaptado ao teatro en Francia, España e Italia. En 2022, foi levada ao cinema pola propia Colombani; a película rodouse nos tres países nos que se sitúa a acción da trama.
A súa segunda novela, Les Victorieuses, saíu do prelo en 2019. A historia xira arredor do Palacio da Femme de París, fundado por Blanche Peyron (1867-1933). Foi tamén un éxito de vendas, cuns 500.000 exemplares mercados só en Francia, e traducida a máis de vinte linguas. Unha sorte semellante tivo a súa terceira novela, Le Cerf-volant (2021).
Filmografía
Como actriz
Como directora
Ano
|
Título
|
Tipo
|
1998
|
Le Dernier Bip
|
Curtametraxe
|
2002
|
À la folie... pas du tout
|
Longametraxe
|
2003
|
Une fleur pour Marie
|
Curtametraxe
|
2003
|
Quelques mots d'amour
|
Curtametraxe
|
2003
|
Casting urgent
|
Curtametraxe
|
2008
|
Mes stars et moi
|
Longametraxe
|
2023
|
La Tresse
|
Longametraxe
|
Publicacións
- A trenza (2017)
- Les Victorieuses (2019)
- Le Cerf-volant (2021)
Traducións
Notas