La forza del destino é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave baseado nun drama español, Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835) de Ángel de Saavedra, duque de Rivas, cunha escena adaptada da obra de Friedrich Schiller Wallensteins Lager. Foi estreada no Teatro Bolshoi Kamenny de San Petersburgo (Rusia), o 10 de novembro de 1862.
Logo dalgunhas revisión, foi representada en Roma en 1863 (co título de Don Alvaro) e pouco desprois en Madrid (coa presenza no teatro do mesmo Duque de Rivas). Posteriormente estreouse en Nova York e Viena (1865), Buenos Aires (1866) e Londres (1867).
Verdi realizou unha nova revisión, con adicións do libretista Antonio Ghislanzoni, que se estreou no Teatro alla Scala de Milán o 27 de febreiro de 1869. Esta última converteuse na versión estándar que se adoita representar.
Personaxes
Personaxe
|
Tesitura
|
Elenco na estrea Novembro de 1862[3] (Director: -)
|
Versión revisada Elenco na estrea 27 de febreiro de 1869[3] (Director: Eugenio Terziani[4])
|
O marqués de Calatrava
|
baixo
|
Meo
|
Giuseppe Vecchi
|
Leonora, súa filla
|
soprano
|
Caroline Barbot
|
Teresa Stolz
|
Don Carlo di Vargas, seu fillo
|
barítono
|
Francesco Graziani
|
Luigi Colonnese
|
Don Alvaro, pretendiente de Leonora
|
tenor
|
Enrico Tamberlik
|
Mario Tiberini
|
Curra, doncella de Leonora
|
mezzosoprano
|
Lagramante
|
Ester Neri
|
Preziosilla, unha xitana xove
|
mezzosoprano
|
Constance Nantier-Didier
|
Ida Benzi
|
Alcalde
|
baixo
|
Ignazio Marini
|
Luigi Alessandrini
|
Mestre Trabuco, un muletero e vendedor ambulante
|
tenor
|
Geremia Bettini
|
Antonio Tasso
|
Padre Guardiano, un franciscano
|
baixo
|
Gian Francesco Angelini
|
Marcello Junca
|
Fra Melitone, un franciscano
|
barítono
|
Achille De Bassini
|
Giacomo Rota
|
Un cirurxián
|
baixo
|
Alessandro Polonini
|
Vincenzo Paraboschi
|
Campesiños, servidores, peregrinos, soldados, vivandières e frades
|
Notas
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 177. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ 3,0 3,1 Budden, p. 427
- ↑ Fonte do elenco para a versión revisada Arquivado 12 de agosto de 2012 en Wayback Machine. en amadeusonline.net
Véxase tamén