Alzira é unha ópera nun prólogo e dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na obra de teatro Alzire, ou les Américains de Voltaire. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Carlo de Nápoles o 12 de agosto de 1845, non tendo demasiado éxito, á parte da estrea só houbo catro representacións máis, sendo a derradeira o 21 de agosto dese mesmo ano.[1]
Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. cunha soa representación no período 2005-2010.
Personaxes
Personaxe
|
Tesitura
|
Elenco na estrea, 12 de agosto de 1845 (Director: - )
|
Alvaro, pai de Gusmano, inicialmente gobernador do Peru
|
baixo
|
Marco Arati
|
Gusmano, gobernador de Peru
|
barítono
|
Filippo Coletti
|
Ovando, un duque español
|
tenor
|
Ceci
|
Zamoro, líder dunha tribo peruana
|
tenor
|
Gaetano Fraschini
|
Ataliba, líder dunha tribo peruana
|
baixo
|
Michele Benedetti
|
Alzira, filla de Ataliba
|
soprano
|
Eugenia Tadolini
|
Zuma, súa empregada
|
mezzosoprano
|
Maria Salvetti
|
Otumbo, un guerreiro americano
|
tenor
|
Francesco Rossi
|
Oficiais e soldados Españois, americanos
|
Notas
- ↑ Schlitzer, Franco, "Verdi's Alzira at Naples" (April 1954). Music & Letters, 35 (2): pp. 125-127.
Véxase tamén