Bouman foi membro do MIT Haystack Observatory. Foi apoiada por unha bolsa de posgrao da Fundación Nacional de Ciencias.[6]
A súa tese de mestría Estimating Material Properties of Fabric through the observation of Motion foi galardoada co Premio Ernst Guillemin á mellor tese de mestría.[7]
En 2017, impartiu unha charla TED: Como tomar unha fotografía dun buraco negro.[11][12][13]
Carreira profesional
Bouman ingresou no Instituto de Tecnoloxía de California como profesora asistente en 2019.[14][15] As súas investigacións versan sobre novos sistemas para imaxes computacionais.
En abril de 2019 foi responsable das primeiras imaxes dun burato negro, achegando apoio computacional para aprender sobre a relatividade xeral no réxime de campo forte.[6][14][16] Teorizou que os buratos negros deixan unha sombra de fondo de gas quente.[9]
A fotografía foi obtida a partir dunha rede de oito telescopios situados en distintos puntos do mundo, participando ESO, ALMA e APEX,[17] con ondas de radio que lles permitiron atravesar o po galáctico, e complementada cun algoritmo que foi creado por Bouman.