O Observatorio Europeo Austral (en inglés European Southern Observatory: ESO ou formalmente the European Organisation for Astronomical Research in the Southern Hemisphere)[1] é un organismo europeo dedicado á astrofísica que foi creado no ano 1962.
Citado na súa web como a 'principal organización intergobernamental de astronomía en Europa e o observatorio astronómico máis produtivo do mundo', na actualidade está integrado por 16 estados europeo: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Países Baixos, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia e Suíza. Brasil esta en proceso de ratificación como membro sendo o primeiro pais non europeo á marxe de Chile que non sendo estado membro é unha das sedes[2][3]. As súas oficinas centrais están en Garching, preto de Múnic, ademais dunha oficina en Santiago de Chile.
ESO opera en Chile dende novembro de 1963 por convenio co goberno chileno (arredor dun 10% do tempo de observación é para astrónomos dese país). No deserto de Atacama ten tres observatorios astronómicos:
O ESO ten un sistema de difusión de información por diversos medios, como Mastodon (@[email protected]), difundindo con licenza CCBYSA 4.0.[4]
No 2019, obtense a primeira fotografía dun burato negro, con participación de ESO.[5]
Os observatorios de La Silla e Cerro Paranal tiveron importancia no descubrimento de novos planetas extrasolares, tema galardoado co Premio Nobel de Física 2019.[6]