Julio González Pellicer

Modelo:BiografíaJulio González Pellicer

(1912) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Juli González i Pellicer Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Julio Luis Jesus González Pellicer a Editar o valor en Wikidata
21 de setembro de 1876 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de marzo de 1942 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Arcueil, Francia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGonzalez, Julio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, Xoiaría, escultura, artes visuais e xoieiro Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Montparnasse (pt) Traducir
París
Francia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, ceramista, debuxante, artista visual, deseñador de xoias, pintor, ilustrador, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Documenta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor en Wikidata
MovementoArte abstracta Editar o valor en Wikidata
Influencias
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Participou en
9 de xuño de 2012dOCUMENTA (13)
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir
Jewelry by Contemporary Painters and Sculptors (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRoberta González Editar o valor en Wikidata
PaiConcordio González Puig Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoan González Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontehedendaagsesieraden.nl (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX866279
A pequena fouce (Museo de Arte Pública, Madrid)

Julio González Pellicer, nado en Barcelona, en 1876, e morto en París, en 1942, foi un escultor español. Foi un dos artistas modernos máis importantes da primeira metade do século XX.

Traxectoria

Os seus pais foron Concordio González e Pilar Pellicer, de orixe castelá, que se trasladaron a Barcelona para traballar no taller familiar de forxa e ourivaría, xunto ó seu irmán Joan.

Ámbolos dous irmáns asistiron á Escola de Belas Artes de Barcelona e frecuentaron o ambiente cultural dos artistas barceloneses en Els Quatre Gats, onde coñeceron a Pablo Picasso. En 1897 visitou a colección do Museo do Prado e descubriu a súa vocación de pintor.

En 1890 a familia trasladouse a París, onde pasou gran parte da súa vida. Alí entrou en contacto e colaboración cos artistas máis renovadores da época, como Picasso, Max Jacob, Modigliani, Brancusi, Juan Gris, Manolo Hugué e Pablo Gargallo. As súas esculturas recibiron influencias especialmente de Picasso e Pablo Gargallo.

O seu irmán Joan morreu en 1908, o que lle provocou unha fonda depresión. En 1910 esculpiu unha serie de máscaras de metal, nas que xa mostra claramente unha estética cubista, apoiada nos seus coñecementos do metal forxado, na que experimentou novas formas.

Aprendeu as técnicas da soldadura e o metal cando traballou nos talleres Renault durante a Primeira guerra mundial. Xa nesta época traballaba preferentemente sobre o ferro forxado e o bronce e, a partir de 1927 deixou definitivamente a pintura.

No ano 1937 realizou algunhas das súas obras máis importantes, no realismo expresionista e na abstracción. Nese ano presentou a que se considera a súa obra mestra, La Montserrat (ou Maternidade), no pavillón español da Exposición Internacional de París. No mesmo ano é Muller mirándose no espello.

Obras

A súa obra, entre a figuración e a abstracción responde ó estilo cubista. As súas innovadoras esculturas refírense predominantemente á figura humana, frecuentemente de grandes proporcións.

Julio González está presente en diferentes museos, como o Museo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona), o Instituto Valenciano de Arte Moderna (IVAM) (Valencia), o Museo Raíña Sofía (Madrid), o Centro Georges Pompidou (París). No IVAM tenlle dedicado un espazo específico, o Centro Julio González, a partir da doazón das obras efectuada polas súas herdeiras Carmen Martínez e Viviane Grimminger, completada cos anos con adquisicións. Posúe en total 394 obras (esculturas, debuxos e pinturas), e tamén algunhas obras do irmán e de Roberta, filla de Julio González.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!