José Fernández Vide

Modelo:BiografíaJosé Fernández Vide

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónorganista, compositor Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1064844 BUSC: fernandez-vide-xose-1893-1981 Dialnet: 4048127

José Fernández Vide, nado en Ourense o 23 de outubro de 1893 e finado na mesma cidade o 20 de novembro de 1981, foi un organista e compositor galego.

Traxectoria

Fillo dun zapateiro, o neno Vide foi membro do coro na capela da Catedral ourensá con oito anos.[1] Con cualidades musicais excepcionais rematou os seus estudos no Conservatorio de Madrid. Foi organista da catedral de Ourense entre 1911 e 1917, e foi profesor na Escola Normal de Maxisterio.[2][3]

En 1924 casou con Sara García Limia e trasladouse a Cuba. Alí fora requirido como mestre na Academia de Belas Artes do Centro Gallego de La Habana. En 1930 foi nomeado director do Conservatorio deste centro.[1] No tempo que permaneceu na illa intensificou o seu labor cunha obra abundante para piano e para voz e piano, con textos preferentemente en lingua galega e con dúas zarzuelas: Proba d'amor, con letra de Francisco Álvarez de Novoa e Miñatos de vran, con letra de Enrique Zas Simó. O libreto desta última contou cos arranxos de Ramón Otero Pedrayo na súa estrea en 1953 no Coliseo Xesteira de Ourense.[1]

En 1932 regresou a Galicia, retomando o ensino na Escola Normal de Maxisterio e no Instituto As Lagoas ata a súa xubilación.[1] O mestre Vide foi contemporáneo de Juan Montes (Lugo) e Angel Brage Villar (Santiago de Compostela), e coma eles tocaba nos numerosos cafés cantantes da cidade, como La Unión, o Royalty, o Lisardo ou La Bilbaina, o que explica o volume representado polas obras de salón dentro do seu repertorio. Para actuar nestes espazos e tamén no Liceo ou no Teatro Principal Vide exercía de pianista solista ou formando grupos que el mesmo dirixía.[1] Isto non foi ben entendido pola igrexa o que fai que se decida por camiños diferentes aos relatados no seu comezo musical. [Cómpre referencia]

Foi director do Orfeón Unión Ourensana en dúas ocasións, en 1910 e entre 1932 e 1934.[1] Con motivo do 75 aniversario da creación do Orfeón en 1887, o mestre Leonardo Cudeiro Loureiro (socio desde 1940) contou nunha entrevista publicada no programa de mau dos festexos que, xunto con Basoco, o mestre Vide deixou unha pegada moi importante, afirmando que a Masa Coral destacou dunha maneira especial. A herdanza que deixou floreceu no seu fillo Pepe Vide. Nunha entrevista en La Región, o 25/5/1996, describe como o marcou a vida musical na súa casa: “co biberón xa me deron as corcheas”.

Os seus restos descansan no Cemiterio de San Francisco de Ourense, no panteón que posúe o Orfeón para os seus directores.[1]

Obras

  • A montañesa
  • Violetas
  • A Belén camiña
  • A alborada
  • A ialma triste
  • Aguas risueñas
  • Alaláas
  • Amor dondiño
  • Arrorrou
  • Auria bella [4]
  • Ave María
  • Bella mujer
  • Camiñando pra Belén
  • Cantan os galos
  • Canto de arrieiro
  • Carballiño
  • Conchita
  • Cor Jesu flagrans
  • Cubana ideal
  • D'a terra meiga
  • Danzón
  • Desengano [5]
  • Encomenda
  • Espinas y rosas
  • Eu xa non durmo sen verte
  • Fiestas de oro
  • Flor de pasión
  • Gozos a San Francisco de Asís
  • Gratitude
  • Gref-Popeye
  • Ilusiones
  • La santa de Aguas Santas
  • La tropical
  • Libera me, Domine
  • Los arenaleses
  • Mariposa
  • María de los Ángeles
  • Miñatos de vran, zarzuela [6]
  • Morriña
  • Nena d'as soledades
  • Non dorme o neno
  • O neno na cuna
  • O sacrum
  • Oferenda
  • Orense
  • Panadeiriñas de Cea
  • Panis angelicus
  • Partagás
  • Peixe
  • Polos outeiros
  • Pontevedra
  • Recordos
  • Recuerdo triste
  • Salve, Rosalía
  • Sarita
  • Saudade
  • Serenata de amor
  • Serenata romántica
  • Serranía
  • Sobrado
  • Tantum ergo
  • Un día n' aldea
  • Vals X
  • Villancico ó Neno Xesús
  • Zaera
  • ¡Miña nai!
  • ¡Quero morrer!
  • ¡Qué tarde tan meiga! [7]
  • ¿Quen?
  • Canciones
  • Piano
  • Proba d'amor, zarzuela [8]

Premios e recoñecementos

A balada Desengano, con letra de Curros Enríquez, obtivo o premio Juan Montes en 1934. No segundo Certame do traballo en Ferrol, no ano 1935 foron premiadas a muiñeira Auria Bella, con letra de Noriega Varela e Qué tarde tan meiga, con letra de Carmen Prieto. Cantan os galos, obra para piano e voz recibiu unha mención honorífica nos Xogos Florais do Círculo Mercantil de Santiago en 1937.[1]

Levan o seu nome unha rúa (Paseo Mestre Vide), un colexio de educación infantil e primaria (CEIP Mestre Vide) e un equipo de fútbol sala da súa cidade natal.[9][10]

En 2018, co gallo do 125 aniversario do seu nacemento e baixo o impulso do músico Óscar Ibáñez, a Deputación e o Concello de Ourense, programáronse distintas actividades para poñer en valor a obra deste músico, entre elas a interpretación dunha muñeira inédita.[11]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Villanueva, Carlos (2004). "José Fernández Vide (1893-1981): tópicos identitarios en la figura y la obra de un músico de la emigración". Trans. Revista Transcultural de Música (en castelán) (8). ISSN 1697-0101. 
  2. "Orfeón Unión Orensana. LXXVI aniversario. Arquivo Deputación de Ourense/ Biblioteca. Sección: prensa.". 
  3. "[Nova do nomeamento como docente]". El Correo de Galicia : Diario independiente de avisos y noticias (4981). 6 de xullo de 1917. 
  4. Con letra de Noriega Varela.
  5. Con letra de Curros Enríquez.
  6. Con letra de Enrique Zas e arranxos de Otero Pedrayo.
  7. Con letra de Carmiña Prieto.
  8. Con letra de Álvarez de Nóvoa.
  9. Páxina web do CEIP Mestre Vide
  10. "Club Mestre Vide F.S.". Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  11. "Homenaje al Mestre Vide". La Región (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!