José Antonio Gurriarán

Modelo:BiografíaJosé Antonio Gurriarán
Biografía
Nacemento(es) José Antonio Gurriarán López Editar o valor en Wikidata
7 de xullo de 1938 Editar o valor en Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid - licenciatura en Dereito (1959–1963)
Escola Oficial de Xornalismo - Licenciatura en xornalismo (1955–1959) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRadio y Televisión de Andalucía (1996–2002)
RTVE (1984–1996)
RBA
Vocento
Alerta
El Alcázar (pt) Traducir
Pueblo (en) Traducir
Arriba (pt) Traducir
El Diario Montañés (pt) Traducir
El Socialista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1032682 BUSC: gurriaran-jose-antonio-1938

José Antonio Gurriarán López, nado no Barco de Valdeorras o 7 de xullo de 1941 e finado en Madrid o 31 de marzo de 2019,[1][2] foi un xornalista e escritor galego.[3]

Traxectoria

Pasou a infancia e mocidade na súa vila natal. Iniciouse no xornalismo con colaboracións no periódico El Sil e na radio Ondas del Sil. En Salamanca estudou o preuniversitario e en Madrid realizou os estudos de xornalismo e dereito. Comezou a traballar na axencia Hispania Press, en Madrid La Noche, con reportaxes escritas e radio. No xornal El Alcázar foi redactor de sucesos, xefe de sección e enviado especial a diversos lugares de España e do estranxeiro, Cubriu as viaxes do papa Paulo VI a Fátima e Pomezia, na India entrevistou a Indira Gandhi e fixo varias reportaxes, e nos Estados Unidos estivo en Nova York, Dallas e Fort Worth e investigou a morte de John F. Kennedy, con entrevistas aos seus asesores, ao seu sustituto Lyndon B. Johnson, a Marina Oswald ou ao sheriff Bill Decker.[3]

Traballou na publicación Semana, dirixida por Jesús María Zuloaga. Entrevistou Salvador Dalí, os duques de Windsor, Jacqueline Kennedy. Durante ano e medio dirixiu El Diario Montañés e despois pasou a Pueblo como redactor xefe, sendo despois subdirector e director. Entrevistou, entre outros, Neil Armstrong, Juan Domingo Perón, Diego Armando Maradona e Jean-Paul Belmondo.[3] Dirixiu tamén a edición española da publicación internacional Revista de Geografía Universal, presentada en Madrid o 23 de decembro de 1976.

En Televisión Española ocupou cargos directivos, fixo viaxes ás repúblicas iberoamericanas, a Unión Soviética e Europa, e realizou entrevistas e reportaxes, como a primeira entrevista a Filipe de Borbón cando estudaba no Canadá, os presidentes chilenos Eduardo Frei e Ricardo Lagos e o presidente arxentino Raúl Alfonsín.[3] Durante oito anos foi correspondente de TVE en Lisboa.

O 27 de novembro de 1979, cando Gurriarán saía do edificio do xornal Pueblo, pensaba ir ver un filme de Woody Allen coa súa dona e mentres camiñaban pola Gran Vía de Madrid oíu unha grande explosión, na fachada de Swissair. Achegouse e entrou nunha cabina de teléfono para chamar un compañeiro fotógrafo do xornal, mais nese intre estoupou outra bomba que provocou nove feridos, entre eles Gurriarán.[4] NO hospital comezou a documentarse sobre o atentado.[4] En 1982 localizou no Líbano os líderes do Exército Secreto Armenio para a Liberación de Armenia (ESALA) e reuniuse con eles.[4] Escribiu o libro La bomba, traducido ao armenio e francés, con gran repercusión internacional. En maio de 2015 o director de cine Robert Guédiguian presentou no Festival de Cannes o filme Une histoire de fou, baseado no libro. Entrou en Radio y Televisión de Andalucía como director de informativos e posteriormente director da segunda canle. Fundou o espazo Andalucía directo, contratou a Jesús Quintero —que levaba anos afastado da pantalla— e por vez primeira puxo unha persoa cega a cargo dun informativo, Nuria del Saz..[3] Solicitou incorporarse comocorrespondente en Bruxelas, cargo que ocupou catro anos. Visitou os países membros da Unión Europea, cubriu a actividade do Parlamento Europeo, os consellos de ministros de Luxemburgo, as cumbres comunitarias e viaxes da troika comunitaria, asistindo tamén a viaxes institucionais á India, Paquistán, Siria, o Líbano, Iugoslavia, Estonia, Afganistán ou a República Checa. Logo de dezasete anos regresou a Madrid, onde faleceu.[3]

Obras

En castelán

  • Caerá Allende?, 1973.
  • La bomba, 1982.
  • Chile. El caso del General, 1985.
  • El Rey en Estoril, 2000.
  • Armenios. El genocidio olvidado, 2008.

En galego

  • As Mulleres do Monte, 2015. (Galaxia).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!