Joseph Philippe de Clairville, nado en 1742 e finado o 31 de xullo de 1830 foi un notable botánico e entomólogo francés, que estivo principalmente activo en Suíza. A colección de coleópteros de De Clairville, o seu principal interese, está no Museo de Historia Natural de Basilea.[1] Tamén estaba interesado en Diptera e Odonata.
Despois da súa estadía en Nyon e Bex, na parte francófona da Suíza, trasladouse a Winterthur en 1782, onde viviu até a súa morte en 1830.
De Clairville escribiu Helvetische Entomologie[2] publicada en Zúrich en 1798, escribiu Manuel d'herborisation en Suisse et en Valais[3] publicado en 1811 e traduciu Naturgeschichte der Hof- und Stubenvögel de Johann Matthäus Bechstein ao francés baixo os títulos Manuel de l'amateur des oiseaux de volière (1825).